Barthel Beham
Barthel Beham (1502 – 1540) foi un gravador, miniaturista e pintor alemán.
Barthel Beham | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1502 |
Lugar de nacemento | Núremberg |
Falecemento | 1540 |
Lugar de falecemento | Boloña |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | Anabaptismo |
Ocupación | pintor, Pintor da corte e artista gráfico |
Irmáns | Hans Sebald Beham |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O irmán máis novo de Hans Sebald Beham, naceu nunha familia de artistas de Nuremberg, aprendeu do seu irmán máis vello e de Albrecht Dürer e foi particularmente activo como gravador durante a década de 1520, creando pequenas obras dun magnífico detalle, foi un dos pequenos mestres. Fascinado coa antigüidade realizou moitas obras con Marcantonio Raimondi en Boloña e Roma.
En 1525, xunto co seu irmán e Georg Pencz, foi expulsado de Nuremberg por herexía, perdoado máis tarde non volveu á súa cidade natal e acabou establecéndose en Múnic en 1527 para traballar para os duques de Baviera, Guillerme IV e Luís X, converténdose nun dos principais retratistas da súa época.[1]
NotasEditar
- ↑ A. H. Keane, Early Teutonic, Italian and French Masters
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barthel Beham |