Hans Sebald Beham

artista alemán

Hans Sebald Beham, nado en 1500 e finado en 1550, foi un pintor e gravador alemán, un dos máis importantes dos Kleinmeister, os pequenos mestres, coñecidos así polo cativo tamaño dos seus gravados.

Hans Sebald Beham
Portrait of Sebald Beham.jpg
Nacemento1500
Lugar de nacementoNúremberg
Falecemento22 de novembro de 1550
Lugar de falecementoFrankfurt
NacionalidadeCidade Imperial Livre de Nuremberga e Alemaña
Ocupaciónpintor, artista gráfico, ilustrador e gravador
IrmánsBarthel Beham
editar datos en Wikidata ]
Adán e Eva, 1543, 82 x 56 mm.

TraxectoriaEditar

 
Charitatis

Hans Sebald naceu nunha familia de artistas de Nuremberg, seu irmán máis vello foi o tamén gravador Barthel Beham. En 1525, con seu irmán e Georg Pencz, foi expulsado de Nuremberg acusado de herexía, blasfemia e por non recoñecer a autoridade da concello da cidade, porén ó cabo dun tempo permitíronlles volver, mais de novo Beham marchou ó exilio en 1528 por publicar un libro sobre as proporcións do cabalo, plaxiando un manuscrito non publicado de Dürer, que morrera había pouco. Tras pasar algún tempo traballando en varias cidades alemás asentouse definitivamente en Frankfurt en 1532.

 
Xosé e a muller de Potifar, 1544, 81 x 56 mm

ObraEditar

Beham coñécese sobre todo como un prolífico ilustrador, realizou aproximadamente 252 gravados, 18 augafortes e 1500 xilografías. Traballou sobre todo en pequenos e profusamente detallados gravados; os seus traballos produciunos e publicounos el mesmo, mentres as xilografías, máis grandes, foron encargos. Traballou tamén na ilustración de dous libros de oracións.

 
A morte e espido de pé, 1547, 75 x 48 mm.

Os seus gravados cobren un gran número de temas, os primeiros que apareceron en Nuremberg entre 1521-1525 céntranse na denuncia da igrexa romana[1], pero son especialmente as súas escenas da vida campesiña e as mitolóxicas e históricas as máis coñecidas, frecuentemente cun elemento erótico engadido.

 
A lúa

NotasEditar

  1. Andrew Pettegree, The Reformation World.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

m