Barroco siciliano

O barroco siciliano é a forma distintiva da arquitectura barroca que se desenvolveu na illa de Sicilia, no sur de Italia, durante os séculos XVII e XVIII. O estilo recoñécese non só polas súas típicas revoltas e florituras barrocas, senón tamén polas súas carautas sorrintes e putti, coa particular extravagancia que lle deu a Sicilia unha identidade arquitectónica única e que o fai a fase máis interesante da arte siciliana.[1]

Igrexa da Collegiata ou Santa Maria dell'Elemosina en Catania, obra salientable do barroco siciliano, realizada por Stefano Ittar cara ao 1768.

O estilo barroco siciliano colleu pulo durante a gran reconstrución que seguiu ó terremoto de 1693. Previamente, o barroco fora usado na illa dun xeito inxenuo e no eido local, que evolucionara a partir da arquitectura híbrida nativa máis ca dos grandes arquitectos barrocos de Roma. Despois do terremoto, os arquitectos locais, moitos deles formados en Roma, tiveron múltiples oportunidades de recrear a arquitectura barroca máis sofisticada, que acadara popularidade na Italia continental. O traballo destes arquitectos locais —e o novo xénero que comezaron— inspirou a outros deseñadores locais que seguiron o seu exemplo. A carón do 1730, os arquitectos sicilianos desenvolveran confianza no emprego do estilo barroco. A súa particular interpretación levounos paseniño a xerar unha forma de arte altamente localista e personalizada. De 1780 en diante, o estilo foi gradualmente substituído pola nova moda do neoclasicismo.

O fenómeno chamado Alto Barroco Siciliano durou cincuenta anos, e reflectiu perfectamente a orde social da illa nunha época na que —dominada oficialmente por España— foi gobernada de facto por unha aristocracia hedonista e extravagante. A arquitectura barroca deulle á illa un carácter arquitectónico que ficou até a actualidade.


Artistas e edificios salientablesEditar

Giulio Lasso Quattro Canti (Palermo) 1610
Alonzo de Benedetto et. al. Palacios da praza do Duomo (Catania) Principios do s. XVIII
Giovanni Battista Vaccarini

(discípulo de Francesco De Sanctis)

Palazzo Biscari

Igrexa da Abadía de santa Ádega (di Sant’Agata)

Fachada da catedral

Fontana dell’Elefante (Catania)



1737

Rosario Gagliardi Catedral de san Xurxo (Módica)

Igrexa de san Xurxo (Ragusa)


1738

Tomasso Napoli Villa Palagonia (Bagheria) 1715-1749
Andrea Palma Catedral de Siracusa 1728-1753
Santa María delle Scale (Ragusa) Combinación normando-barroca
Barón Melfi di San Antonio Palazzo Zacco (Ragusa)
Catedral de san Xoán Bautista (Ragusa) 1718-1778
Giacomo Serpotta Oratorio do Rosario de santa Cita (Palermo) 1686-1718
Giovanni Tucari Frescos da igrexa de San Benedetto (Catania) 1726-1762
Giuseppe Crestadoro Frescos do palacio Ajutamicristo (Palermo)
Stefano Ittar Colexiata de Catania 1768
Giuseppe Venanzio Marvuglia Palacio Belmonte Riso (Palermo)

Igrexa de san Francisco de Sales (Palermo)

1784, barroco e neoclásico

1776, barroco serodio con influxo inglés

Andrea Giganti Villa Galletti (Bagheria) Transición barroco-neoclasicismo
Vivenzo Sinatra Palacio Ducezio (Noto)

NotasEditar

  1. Volum 18 (2004). La Gran Enciclopèdia en català. Barcelona: Edicions 62. pp. p.14290. ISBN 84-297-5446-6. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hamel, Pasquale (1994). Breve storia della societa siciliana (1790-1980). Palerm, Ed.Sellerio di Giorgianni. 
  • Blunt, Anthony (1968). Sicilian Baroque. Ed.Weidenfeld & Nicolson. 
  • Boscarino, Salvatore (1986). Sicilia Barocca. Architettura e città 1610-1760. Roma, Officina Edizioni. 
  • Di Blasi, M.T. (1993). Pietro Paolo Vasta. Affreschi nelle Chiese di Acireale. Catania, Maimone Editore. 
  • Drago, Francesco Palazzolo (1927). Famiglie nobili siciliane. Palerm, Ed. Arnaldo Forni.