Abrir o menú principal

Dame Mary Barbara Hamilton Cartland, DBE, nada en Edgbaston (Birmingham) o 9 de xullo de 1901 e finada en Hatfield (Hertfordshire) o 21 de maio de 2000, foi unha novelista inglesa que escribiu novelas románticas, unha das autoras máis vendidas, así como unha das máis prolíficas e do século XX. As súas 723 novelas foron traducidas a 38 linguas[1] e continúa a aparecer no Libro Guinness dos Récords como a autora con máis novelas publicadas nun só ano, en 1976.[2] Como Barbara Cartland é coñecida por escribir novelas románticas, mais tamén escribiu libros co seu nome de casada, Barbara McCorquodale e brevemente co pseudónimo de Marcus Belfry. Ademais escribiu obras de teatro, música, versos, artigos e operetas, e foi unha destacada filántropa. Ela mesma indicou que vendera máis de 750 millóns de exemplares,[3] aínda que outras fontes estiman as vendas dos seus libros en máis de dous mil millóns de exemplares.[4]

Barbara Cartland
Dame Barbara Cartland Allan Warren.jpg
Nome completoMary Barbara Hamilton Cartland
AlcumeBarbara Cartland, Barbara McCorquodale e Marcus Belfry
Nacemento9 de xullo de 1901
 Edgbaston
Falecemento21 de maio de 2000
 Hatfield
SoterradaHertfordshire
NacionalidadeReino Unido
Alma máterMalvern St James
Ocupaciónnovelista, Piloto, escritora e política
FillosRaine Spencer
Coñecido/a porLe choix de l'amour
PremiosDama comendadora da Orde do Imperio británico
editar datos en Wikidata ]

Foi tamén unha celebridade que aparecía con frecuencia en eventos televisivos, vestida de cor rosa e falando do amor, a saúde e os problemas sociais.

Índice

TraxectoriaEditar

 
Barbara Cartland na súa mocidade.
 
Barbara Cartland en 2000 xunto ao reporteiro Randy Bryan Bigham.

Barbara naceu en Kings Norton, Lancaster, Inglaterra e criouse en Edgbaston, Birmingham, como única filla dun oficial da armada británica, o maior James Bertram "Bertie" Falkner Cartland,[5] e da súa esposa Mary (Polly) Hamilton Scobell. A súa familia era de clase media. O seu avó, James Cartland, suicidouse.[3]

O seu pai morreu nunha batalla en Flandres durante a primeira guerra mundial. A súa enérxica nai abriu unha tenda de roupa para manter a Barbara e os seus dous irmáns, Anthony e Ronald, ambos mortos en batalla en 1940, durante a segunda guerra mundial.[6]

Barbara foi educada en Malvern Girl's College e en Abbey House, unha institución educativa de Hampshire. Despois foi xornalista de sociedade e escritora de ficción romántica. Cartland admitiu que a inspirou moito Elinor Glyn, unha autora eduardiana, á que idolatrou e chegou a coñecer.

Traballando como columnista para o London Daily Express, Cartland publicou a súa primeira novela Jigsaw (1925), que foi un éxito de vendas. Comezou a escribir pezas picantes, como Blood Money (1926). Nos anos 20 xa era coñecida na sociedade londiniense, pola súa beleza, enerxía e festas, ademais de pola súa elegancia. Facíalle os vestidos Sir Norman Hartnell, que fixo logo vestidos á raíña Isabel II.

Converteuse nunha estrela dos medios nos anos 90, presentándose en televisión cos seus vestidos rosas e chapeus de plumas, falando do amor, o matrimonio, a política, a relixión, a saúde e a moda. Era publicamente contraria á eliminación da oración nas escolas estatais e criticaba a infidelidade e o divorcio, así como o sexo antes do matrimonio.

Barbara morreu aos 98 anos, e o seu corpo, como pedira, foi enterrado na súa propiedade de Hatfield, baixo unha árbore plantada pola raíña Isabel II.

Matrimonios e relaciónsEditar

Segundo o obituario do The Daily Telegraph o 22 de maio de 2000, Cartland estivo prometida cun oficial, rompendo o compromiso. Estivo casada, entre 1927 e 1933,[7] con Alexander George MacCorquodale (falecido en 1964), un oficial da armada e herdeiro dunha fortuna. A súa filla, Raine MacCorquodale (nada en 1929), casou con Lord Edward Spencer, pai de Diana Spencer. Despois dun escandaloso divorcio, en 1936 Barbara casou co primo do seu ex-marido, Hugh MacCorquodale, un ex-oficial militar (falecido en 1963). Tiveron dous fillos, Ian e Glen.

Barbara tivo unha longa amizade con Louis Mountbatten, primeiro conde Mountbatten de Birmania (tío do príncipe Filipe, Duque de Edimburgo), cuxa morte en 1979 foi para Barbara "a maior tristeza da súa vida". Mountbatten acompañou a Cartland en varios traballos de institucións de caridade e mesmo axudou a Cartland a escribir Love at the Helm, que ten carácter naval e histórico. O Mountbatten Memorial Trust, establecido polo sobriño-neto de Mountbatten, o príncipe Carlos de Gales tralo asasinato do comandante en Irlanda, foi o receptor do diñeiro obtido en vendas do seu libro na súa exhibición de 1980.

Cartland criticou o divorcio da falecida Diana Spencer, filla do seu xenro, o que causou un distanciamento entre ambas, reconciliándose pouco tempo antes do accidente automobilístico fatal que matou a Diana en 1997.

Influencia políticaEditar

Despois da morte do seu irmán Ronald, un popular membro do parlamento durante a segunda guerra mundial, publicou a biografía del cun prefacio do primeiro ministro Sir Winston Churchill. A guerra marcou o inicio dunha vida dedicada ao benestar civil e político para Cartland, que serviu en Oficio de Guerra. En 1953 foi nomeada comendadora da Venerable Orde de San Xoán polos seus servizos.

En 1955, Cartland foi nomeada conselleira do Consello Municipal de Hertfordshire como membro do Partido Conservador do Reino Unido, cargo que ocupou durante nove anos. Durante este tempo loitou, con bos resultados, por diversos temas sociais.

RecoñecementosEditar

O Libro Guinness dos Récords recoñeceuna como a autora con máis novelas publicadas en 1976. En 1983, Barbara Cartland entrou no Who's Who británico. As súas 723 novelas traducíronse a máis de 36 linguas, e Cartland declarou que escribía un libro cada dúas semanas.

En 1991, a raíña Isabel II condecorouna como Dama Comendadora da Orde do Imperio Británico en honra aos 70 anos de contribución literaria, política e social da autora.

Distincións honoríficas

NotasEditar

  1. McCorquodale, Ian (2017). "Welcome to the romantic world of Barbara Cartland.". BarbaraCartland.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2017. During her long career, my mother, Barbara Cartland wrote an incredible 723 books, which were translated into 38 languages, making her the most prolific author of the 20th Century. 
  2. Severo, Richard (22 de maio de 2000). "Barbara Cartland, 98, Best-Selling Author Who Prized Old-Fashioned Romance, Dies". New York Times. 
  3. 3,0 3,1 "Dame Barbara Cartland". The Daily Telegraph (Londres). 22 de maio de 2000. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  4. "Final Curtain Calls". CBS News. 20 de decembro de 2000. Consultado o 21 de maio de 2010. 
  5. "CARTLAND, JAMES BERTRAM FALKNER". Commonwealth War Graves Commission. 
  6. "Cartland, Barbara". Howard Gotlieb Archival Research Center. Boston University. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2012. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  7. Thornton, Michael (24 de outubro de 2008). "A drunken husband and five secret lovers: The novel Barbara Cartland never wanted you to read". Daily Mail. 

Véxase taménEditar