Bandeira de Polonia

A bandeira de Polonia (en polaco: Flaga Polski) é oficialmente a bandeira do Estado dende o 1 de agosto de 1919.

Bandeira de Polonia
Bandeira de Polonia
Características
Uso
Proporción5:8
Adopción1 de agosto de 1919
Cores     Branco     Vermello

Descrición editar

Está formada por dúas franxas horizontais de iguais dimensións. A franxa superior é de cor branca e a inferior é vermella. Posúe unhas proporcións de 5:8. Existe unha versión co escudo nacional, a bandeira de Estado, que se utiliza no estranxeiro como bandeira das representacións diplomáticas e que é tamén a bandeira da mariña mercante.

As cores da bandeira de Polonia proveñen do escudo nacional: a parte branca representa á Aguia Branca e a parte vermella a cor do campo do escudo. As súas orixes remóntanse ao século XIII, cando a aguia branca foi fixada sobre unha superficie vermella polos príncipes da dinastía dos Piastas. O branco e o vermello comezaron a aparecer nos escudos, estandartes e guións da cabalería, pasando a figurar nas bandeiras militares.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar