Escudo de Polonia

O escudo de Polonia consiste dunha aguia branca coroada sobre un escudón vermello. En Polonia comunmente chámase ao escudo Aguia Branca (en polaco Orzeł Biały), sempre en maiúscula. Cómpre notar que en heráldica non existe a cor branca: cando algo é desa cor dise que é prata, así como non é amarelo senón ouro. De todos os xeitos, a aguia polaca é a única que é recoñecida como branca e non prateada.

Escudo de Polonia

Pénsase que é unha aguia de cola branca, aínda que o deseño tan estilizado fai imposible determinar especificamente de que especie de aguia se trata.

Significado editar

Segundo a lenda, a Aguia Branca orixinouse cando Lech, o fundador mítico de Polonia, viu un niño de aguia branca e, considerándoo un bo augurio, fundou a cidade de Gniezno (gniazdo significa niño). No intre no que a aguia despregou as súas ás e elevouse cara ao ceo, un raio do sol vermello do poñente caeu nas súas ás, de xeto que pareceron douradas; polo demais era enteiramente branca.

Historia editar

 
Escudo da República Popular Polaca (1945-1989)

Os primeiros rexistros que se teñen da Aguia Branca son os obxectos de ouro atopados polos nazis nun histórico pobo pólaco, Biscupin, durante a ocupación do territorio de Polonia durante a segunda guerra mundial. Tamén son rexistro da mesma as moedas acuñadas durante o reinado do rei Bolesław Chrobry, nese momento como escudo de armas da dinastía Piast. Przemysł II introduciuna como símbolo nacional.

A versión actual da aguia foi instaurada por unha emenda constitucional en 1927. En 1945, o novo goberno comunista eliminou a coroa da cabeza da aguia ao ser un símbolo monárquico e contrario á igualdade que propugnaba o novo Estado socialista. Adicionalmente se substituíron as escarapelas das súas ás por estrelas. En 1990 volveuse a colocar a coroa; a versión actual é basicamente a mesma de 1927, con algúns retoques cosméticos menores.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar