Bandeira de Moldavia

A bandeira de Moldavia (en romanés: Drapelul Republicii Moldova) foi adoptada o 12 de maio de 1990 (antes de proclamarse independente o 27 de agosto de 1991).

Bandeira de Moldavia
Bandeira de Moldavia
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción27 de abril de 1990
Cores     Azul     Amarelo     Vermello

DeseñoEditar

A bandeira de Moldavia é tricolor de franxas verticais coas cores azul (xunto ao mastro), amarelo (no centro) e vermello (no exterior). No medio da franxa central, sitúase o escudo nacional (unha aguia suxeitando un escudo coa imaxe dun uro) para distinguila da bandeira de Romanía, que ten os mesmos cores. Até a Segunda Guerra Mundial, Moldavia formaba parte de Romanía, e comparte con este idioma e cultura, de aí a similitude das bandeiras.

 
Construción da bandeira


Sistema de cor Azul Amarelo Vermello Marrón Verde
Pantone 293c 109c 186c 4645c 3415c
CMYK 97.81.0.0 1.15.100.0 13.100.90.4 28.15.68.7 100.26.86.14
RGB 0-70-174 255-210-0 204-9-47 176-126-91 0-122-80
HTML #0046AE #FFD200 #CC092F #B07E5B #007A50

Diferenza anverso-reversoEditar

Xunto coas bandeiras de Paraguai e México, a de Moldavia é unha das poucas bandeiras nacionais con anverso e reverso diferentes.[1] Aínda que a lei indica que o reverso da bandeira de Moldavia non debe conter o escudo de armas, é habitual atopar bandeiras co anverso e reverso iguais. Até 2010 o deseño da bandeira era o seguinte:

O deseño actual do anverso e reverso do pavillón moldavo é o seguinte:

Bandeiras históricasEditar

Antes da bandeira actual, durante a etapa da República Socialista Soviética de Moldavia, usábase unha bandeira vermella cunha fouce e un martelo dourados na esquina superior de lado da hasta, cunha franxa horizontal de cor verde no centro, que foi adoptada o 31 de xaneiro de 1952.

Antes desta, a bandeira era vermella coa fouce e o martelo dourados, e cos caracteres РССМ (RSSM en cirílico) escritos tamén en dourado baixo estes.

Outras bandeirasEditar

NotasEditar

  1. "Drapelul de stat al Republicii Moldova". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 06 de marzo de 2011. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar