Bandeira de Daguestán

A bandeira de Daguestán (en ruso: Флаг Дагестана; en ávaro: Дагъистаналъул байрахъ; en azarí: Dağıstan bayrağı) é un dos símbolos da república federal rusa de Daguestán. Foi adaptada despois da transformación da RASS de Dagestán na república actual dentro da federación rusa. Foi oficialmente adoptada o 26 de febreiro de 1994. Componse de tres franxas horizontais de cor ver (polo islam),[1] azul (polo mar Caspio),[1] e vermello (pola coraxe e fidelidade).[1] O 19 de novembro de 2003 a proporción da bandeira foi cambiada dende a orixinal 1:2 a 2:3, e a franxa da metade de azul claro a azul escuro.

Bandeira de Daguestán
Bandeira de Daguestán
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción26 de febreiro de 1994 (orixinal)
19 de novembro de 2003 (modificada)
Cores     Verde      Vermello      Azul

Esquema de cores editar

O esquema de cores oficiais foi declarado o 19 de novembro de 2003.[2]

 
Esquema de cores
Verde Azul Vermello
CMYK 100-0-50-42 100-66-0-35 0-80-86-16
HEX #009349 #0039A6 #D52B1E
RGB 0-147-73 0-57-166 213-43-30

Bandeiras históricas editar

Despois da formación da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán, a partir da República Montañosa do Cáucaso Norte en 1921, Daguestán tivo varias bandeiras seguindo o modelo das outras Repúblicas Autónomas, primeiro como bandeiras vermellas coas iniciais da república (é dicir, "ДАССР") e despois unha bandeira da república co mesmo nome. Coa caída da Unión Soviética, Daguestán deixou caer o А (para Автономная, "autónomo") da súa bandeira e a inscrición rezaba simplemente "ДССР".[3] Unha bandeira con franxas horizontais azuis e amarelas puido usarse brevemente en 1993 e 1994 ata que se adoptou unha variación do tricolor horizontal actual en 1994.[3]

Outras bandeiras editar

Varios pobos de Daguestán idearon as súas propias bandeiras étnicas:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 The World Encyclopedia of Flags, Alfred Znamierowski (pub. Hermes House, 2002), p. 160
  2. "Символика". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 21 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Flags of the World (1999–2001). "Dagestan on Flags of the World". Arquivado dende o orixinal o 2008-10-21. Consultado o 2008-12-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar