Bandeira étnica

bandeira empregada para representar unha etnia

Unha bandeira étnica é unha bandeira que simboliza un certo grupo étnico. As bandeiras étnicas adoitan introducirse na comunidade étnica a través dos respectivos movementos étnicos culturais ou políticos. Son populares entre as diásporas, as minorías étnicas e algunhas maiorías étnicas, especialmente nos países multiétnicos.

Bandeira dos aborixes australianos.

Historia editar

 
Bandeira dos xitanos.

Do mesmo xeito que o propio concepto da bandeira nacional dun estado, o de "bandeira étnica" é moderno, xurdindo por primeira vez a finais do século XIX; de feito, as bandeiras nacionais dos estados-nación son en si mesmas "bandeiras étnicas", e moitas veces son usadas polas minorías étnicas dos estados veciños, especialmente no contexto do irredentismo (por exemplo, a bandeira da República de Albania usada como "bandeira étnica albanesa" polos albaneses de Kosovo).

As bandeiras étnicas úsanse a miúdo no irredentismo, representando a "bandeira nacional" dun estado proposto ou non recoñecido. As primeiras bandeiras deste tipo foron deseñadas a finais do século XIX, como a bandeira vasca (1894) ou a "Bandeira de Sión" utilizada para simbolizar o sionismo a partir de 1898, que se converteu na bandeira nacional de Israel 50 anos despois.

A maioría das primeiras bandeiras étnicas implican unha conexión cun estado non recoñecido reivindicado polas respectivas etnias, como a bandeira do Kurdistán que se orixinou como bandeira da efémera República de Ararat (1927). Unha bandeira do pobo hispánico foi deseñada en 1932.[1]

 
Tino rangatiratanga, bandeira étnica maorí.

Alternativamente, unha "bandeira étnica" pode representar un pannacionalismo, como a bandeira panárabe que se orixina como bandeira da revolta árabe durante a primeira guerra mundial,[2] a bandeira proposta do paneslavismo (1848),[3] paniranismo ou panturquismo.

O concepto de usar bandeiras étnicas para simbolizar grupos étnicos dentro dun estado multiétnico, non necesariamente relacionado co irredentismo, fíxose popular a finais do século XX, como a bandeira aborixe australiana (1971), a bandeira asiria (1971),[4] a bandeira xitana (1971), a bandeira bérber (década de 1970), a bandeira saami (1986) ou a bandeira maorí (1990). O deseño de bandeiras étnicas ou tribais fíxose moi popular dende a década de 1990, especialmente para o seu uso en liña, e na súa maioría non teñen ningún tipo de status "oficial" e deben ser xulgados en función do seu uso de feito. A bandeira dun estado soberano adoita ser vista e utilizada como bandeira étnica de facto polo seu pobo.[5][6]

Notas editar

  1. "La bandera olvidada que representa a toda la Hispanidad". ABC Spain (en castelán). 11 de outubro de 2015. Consultado o 29 de xuño de 2019. 
  2. Abū Khaldūn Sati' al-Husri, The days of Maysalūn: A Page from the Modern History of the Arabs, Sidney Glauser Trans. (Washington D.C.: Middle East Institute, 1966), 46.
  3. Gabriella Elgenius (2007). Thomas Hylland Eriksen, ed. Flag, Nation and Symbolism in Europe and America. Richard Jenkins. Routledge. p. 27. ISBN 978-1-134-06696-4. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  4. "The Origins and Description of the Assyrian Flag" by Homer Ashurian, Assyrian Universal Alliance, 03-1999 Arquivado 17 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  5. Myers, Brian Reynolds (2011). "North Korea's state-loyalty advantage.". Free Online Library. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2018. Consultado o 29 de maio de 2018. Judging from the yin-yang flag's universal popularity in South Korea, even among those who deny the legitimacy of the Republic of Korea, it evidently evokes the [Korean race] race first and the [South Korean] state second. 
  6. Myers, Brian Reynolds (20 de decembro de 2017). "North Korea’s Unification Drive". Sthele Press. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. When the average [South Korean] man sees the [South Korean] flag, he feels fraternity with [ethnic] Koreans around the world. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar