Bandeira da República Checa

(Redirección desde «Bandeira de Chequia»)

A bandeira da República Checa (en checo: státní vlajka České republiky) está formada por dúas franxas horizontais de igual anchura, sendo de cor branca a superior e de cor vermella a inferior, cun triángulo isóscele de cor azul que se espalla até a metade ao longo do rectángulo (un erro común é facelo máis curto), cuxa base coincide co bordo da hasta da bandeira. A bandeira foi herdada de Checoslovaquia logo da disolución da unión do país coa actual Eslovaquia.

Bandeira da República Checa
Bandeira da República Checa
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción30 de marzo de 1920
Cores     Branco      Vermello      Azul

Historia editar

Nun principio, a bandeira só tiña as dúas franxas horizontais coas cores do antigo escudo checo (un león de prata sobre campo vermello), mais a semellanza coa bandeira de Polonia e a coincidencia de cores coa bandeira de Austria, fixo que se engadise o triángulo azul. Con todo, esta bandeira aínda se emprega como bandeira de Bohemia (rexión do país).

A autoría da bandeira actual é algo discutida, mais a maioría dos vexiloloxistas consideran que o autor foi Jaroslav Kursa (1875 - 1950), arquiveiro do Departamento de Asuntos Interiores. Esta bandeira foi aprobada oficialmente pola Asemblea Nacional de Checoslovaquia o 30 de marzo de 1920.

A bandeira mudouse durante os anos da ocupación alemá, durante a segunda guerra mundial, substituíndose por unha bandeira tricolor horizontal branca-vermella-azul. Aínda que acabada a guerra, recuperouse a bandeira orixinal. Trala disolución de Checoslovaquia, durante o chamado divorcio de veludo en 1993, a República Checa mantivo a bandeira checoslovaca, mentres que Eslovaquia adoptou unha nova bandeira.

Bandeiras históricas editar

Outras bandeiras editar

As bandeiras das distintas rexións (kraje) da República Checa son:

As seguintes son as cores nacionais das antigas rexións de Bohemia, Moravia e Silesia que, aínda que non teñen carácter oficial, son empregadas pola poboación.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar