Ballblazer
Ballblazer é un videoxogo futurista de deportes e acción creado por Lucasfilm Games en 1984.[1] Foi publicado orixinalmente para Atari 8-bit family, e despois foi adaptado a Atari 5200, Apple II, ZX Spectrum, Amstrad CPC, Commodore 64, MSX, Atari 7800 e Nintendo Famicom. O xogo foi chamado Ballblaster durante o seu desenvolvemento; e as versión piratas deste xogo tamén levaron ese título.[2] O principal creador e programador foi David Levine.[3][4]
Ballblazer | |
---|---|
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de acción e videoxogo de fútbol ![]() |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Editorial | Atari ![]() |
Formato de distribución | cartucho ![]() |
Videoxogo | |
Desenvolvedor | Lucasfilm Games ![]() |
Plataforma | Atari 5200, Atari 7800, ZX Spectrum, Nintendo Entertainment System, Commodore 64, Atari ST, MSX, Amstrad CPC, Apple II e Apple IIGS ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador e videoxogo multixogador ![]() |
[ Wikidata ] |
En 1990, LucasArts e Rainbow Arts lanzaron un remake e follow-up do xogo, chamado Masterblazer. Este xogo foi publicado para Amiga, Atari ST e MS-DOS. O 31 de marzo de 1997, o remake do título orixinal titulado Ballblazer Champions foi lanzado para PlayStation de Sony.
Notas
editar- ↑ lucasarts.com
- ↑ Rogue Leaders: The Story of LucasArts pg. 54
- ↑ http://www.atarimagazines.com/v3n4/lucasfilm.html
- ↑ http://grokware.com/dl/resume.html