Balduíno II de Hainaut

Balduíno II de Hainaut, nado en 1056 e finado en Asia Menor en 1098 preto de Nicea, foi conde de Hainaut e Valenciennes (1071-1098) e señor de Beaumont (Hainaut) á morte da súa nai Riquilda de Hainaut. Era fillo de Balduíno VI, conde de Flandres, e de Riquilda, condesa de Hainaut.

Modelo:BiografíaBalduíno II de Hainaut

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1056 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1098 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
İznik, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira cruzada
Cerco de Niceia (pt) Traducir
Cerco de Antioquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Hainaut (en) Traducir (1071–1098) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Flandres Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIda of Louvain (1084 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosErro de Lua: Collision for array key 1 when passing data from Lua to PHP. Editar o valor en Wikidata
PaisBalduíno VI de Flandres Editar o valor en Wikidata  e Richilde, Countess of Hainaut Editar o valor en Wikidata
IrmánsRoger of Hainaut
Arnulfo III de Flandres Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Flandre-37

Traxectoria

editar

Aínda era un adolescente á morte do seu pai e a súa nai exerceu a rexencia de Flandres e Hainaut en nome do seu irmán máis vello Arnoldo III. Pero as ambicións da nai e o seu goberno tiránico provocaron un ano despois unha rebelión que dexenerou nunha guerra civil. Arnoldo morreu nunha batalla preto de Cassel e Roberto o Frison, o tío de Balduíno e Arnoldo, converteuse no conde de Flandres. Balduíno sucedeu ao seu falecido irmán como Conde de Hainault e pretendente de Flandres. Riquilda recibiu axuda do bispo de Liexa, do que se recoñecera feudataria por Hainaut, pero foi derrotada outra vez en Broqueroie. Balduíno tivo que renunciar a Flandres en 1085, pero foi recoñecido como Conde de Hainaut.

En 1095, cando foi o chamamento do papa Urbano II no Concilio de Clermont, tomou a cruz e marchou á primeira cruzada despois de asistir ao torneo de Anchin xunto a Manass, bispo Cambrai, Radbodo, bispo de Noyon, Lamberto, bispo de Arras, os abades de Hasnon, Crespin e Anchin e outros 300 cabaleiros.

O antagonismo co conde de Flandres fixo que marchase co exército de Godofredo de Bouillon, en lugar do de Roberto II de Flandres (fillo e sucesor de Roberto en Frisia). Tras a captura de Antioqua, foi enviado nunha embaixada a Constantinopla xunto con Hugo I, conde de Vermandois . Foi sorprendido, atacado e asasinado nunha emboscada dos turcománs preto de Nicea.

Devanceiros

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Arnoldo II de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
8. Balduíno IV de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Rozala de Italia
 
 
 
 
 
 
 
4. Balduíno V de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Federico de Luxemburgo
 
 
 
 
 
 
 
9. Oxiva de Luxemburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Balduíno VI de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Hugo Capeto
 
 
 
 
 
 
 
10. Roberto II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Adelaida de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
5. Adela de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Guillerme I da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
11. Constanza de Arle
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Adelaida de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
1. Balduíno II de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Rainiero de Hasnon ?
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Riquilda de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Matrimonio e fillos

editar

Casou en 1084 con Ida de Lovaina (m. 1139), filla de Henrique II, conde de Lovaina e Bruxelas e de Adela de Betuwe. Tiveron a:

  • Balduíno III (1088 - 1120), conde de Hainaut.
  • Luís, vivía no 1096.
  • Simón, cóengo en Liexa.
  • Henrique (m. despois de 1096).
  • Guillerme (m. despois de 1117).
  • Arnoldo (m. despois de 1117).
  • Ida, casada con Guido, señor de Chièvres e logo, arredor de 1100, con Tomé de Marle (sobre 1073-sobre 1130/1131).
  • Riquilda casou en 1115 (separados en 1118) con Amalrico III de Montfort (m. 1136), conde de Evreux.
  • Alicia, casada con Nicolao II de Rumigny (m. 1153 ou un pouco máis tarde).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar