Baldassare Longhena
Baldassare Longhena, nado en Venecia en 1598 e finado no mesmo lugar en 1682, foi un arquitecto italiano do século XVII, un dos máis célebre e representativos do seu tempo.
Baldassare Longhena | |
---|---|
Nacemento | 1596 e 1598 |
Lugar de nacemento | Venecia |
Falecemento | 18 de febreiro de 1682 |
Lugar de falecemento | Venecia |
Nacionalidade | República de Venecia |
Ocupación | arquitecto e escultor |
Coñecido por | Igreja de São Salvador, Santa Giustina, Venice, Basílica de Santa María della Salute e Scuola Grande dei Carmini |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vida e obraEditar
Nado en Venecia nunha humilde familia orixinaria da provincia de Brescia (seu pai era pedreiro), Longhena tivo como mestre a Vincenzo Scamozzi. Introducido desde novo en relación coa poderosa familia Contarini, comezou pouco despois, xa na vintena de idade a lucirse coas obras de renovación do pazo Malipiero (1621-1622) e coa radical reestruturación do pazo Giustinian-Lolin (1623).
Santa María della SaluteEditar
Varios anos despois, en 1631 foi encargado de proxectar e erguer a Basílica de Santa María della Salute, a súa creación máis significativa e unha das grandes xoias do barroco véneto e italiano. A Basílica foi construída a causa dun ex voto realizado pola cidadanía logo de sufriren unha terríbel epidemia de peste que danou, en 1630, Venecia e grande parte da Italia setentrional. O corpo central, de planta octagonal, e coroado por unha cúpola que destaca impoñente na Punta do Mar e é perfectamente visíbel ora desde o Canal Grande ora desde a praza de San Marcos. O severo clasicismo do seu interior contrasta nidiamente coas atrevidas concepcións escenográficas da parte externa articulada en formas ricas de movemento propias da inspiración barroca. A construción da Basílica de Santa María della Salute precisou medio século: o edificio non foi inaugurado de feito até 1687, cinco anos despois da morte do seu creador.
Outras obrasEditar
A actividade de Longhena concentrouse sobre todo en Venecia e nas veciñanzas inmediatas da cidade das canles. Entre as súas maiores realizacións, ademais de Santa Maria della Salute, cómpre sinalarmos:
- O Duomo de Chioggia, destruído por un incendio en 1623 e refeito por Longhena a partir do ano 1633);
- A Procuradoría Nova, en Venecia, que deixara incompleta Vincenzo Scamozzi, e que foi terminada por Longhena en torno a 1640);
- A escalinata da biblioteca de San Giorgio Maggiore, en Venecia (1641-1646);
- O Pazo Belloni-Battaglia, en Venecia (1648-1660);
- A Capella Vendramin en San Pietro di Castello, Venecia (1649);
- Santa María de Nazareth, máis coñecida como Chiesa degli Scalzi, en Venezia (1656-1663);
- Ca' Pesaro, Venecia (1659-1682, completada por Antonio Gaspari en 1710);
- A fachada d igrexa de San Salvador, en Venecia (1663-1664);
- A igrexa dell'Ospedaletto dedicada a San Xoán e San Paulo, en Venecia (1667-1678);
- Ca' Rezzonico, Venecia (Ex Palazzo Bon, 1667-1682, completada por Giorgio Massari no ano 1756).
Influencia e carácterEditar
Longhena estivo profundamente influenciado por dous grandes mestres do Cinquecento italiano, Jacopo Sansovino e Andrea Palladio. Plenamente inserto nas correntes barrocas do seu tempo, este grande arquitecto foi quen de dotar a algunhas das súas obras dunha suntuosidade e duns efectos de chiaroscuro, cargados de profundo dramatismo, como podemos observar, especialmente, na que foi a súa obra mestra indiscutíbel: a Basílica de Santa María della Salute.
DiscípulosEditar
Aprendices, e posteriormente colaboradores de Longhena, foran Giuseppe Sardi (1630-1699) e Antonio Gaspari (1670-1738). O primeiro, orixinario de Lugano, traballou ao lado do grande mestre na execución da igrexa do Ospedaletto, mentres o segundo continuou, como xa foi sinalado arriba, as obras da edificación da Ca' Pesaro logo da morte de Longhena.
GaleríaEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Giuseppe Cristinelli: Baldassare Longhena: architetto del '600 a Venezia. Venecia, Marsilio, 1978
- Douglas Lewis: Baldassare Longhena. Recensione di G. Cristinelli, Baldassare Longhena: architetto del '600 a Venezia, in “Arte Veneta”, xxvii (1973), pp. 328–330
- Daniela del Pesco: L'Architettura del seicento, da serie Storia dell'arte in Italia. Utet, Torino, 1998
- Martina Frank: Baldassare Longhena. Venezia, Istituto Veneto di Scienze, Lettere ed Arti, 2004
- Andrew Hopkins: "Baldassare Longhena". Milán. 2006
Outros artigosEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baldassare Longhena |