Bad Religion
Bad Religion é unha banda de punk rock estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1979 por Jay Bentley (baixo), Greg Graffin (voces), Brett Gurewitz (guitarra) e Jay Ziskrout (batería). Adóitaselles atribuír o liderado do revival do punk rock durante finais dos anos 80, e tamén é unha importante influencia para gran cantidade de músicos de punk e de rock.
Bad Religion | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Woodland Hills, California, ![]() |
Período | 1979-1984 1986-actualidade |
Xénero(s) | punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Epitaph, Atlantic, Epic |
Membros | Greg Graffin Brett Gurewitz Jay Bentley Greg Hetson Brian Baker Brooks Wackerman |
Antigos membros | Jay Ziskrout Davy Goldman Tim Gallegos Pete Finestone John Albert Lucky Lehrer Bobby Schayer Paul Dedona |
Na rede | |
http://www.badreligion.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Bad Religion conseguiu un bo número de seguidores no underground estadounidense cos seus primeiros traballos antes de asinar con Atlantic Records en 1993. Ese ano acadaron a fama co seu sétimo álbum de estudio, Recipe for Hate, que chegou ao número 14 na lista Billboard's Heatseekers. A este seguiulle un ano despois Stranger than Fiction, onde aparecían os seus maiores éxitos, "Infected" e unha versión regravada de "21st Century (Digital Boy)", e que foi certificado ouro nos Estados Unidos e o Canadá. Pouco despois do lanzamento de Stranger than Fiction Gurewitz deixou Bad Religion para centrarse no seu selo Epitaph Records, sendo substituído por Brian Baker. Dende o regreso de Gurewitz en 2001 a banda experimentou un rexurdimento da súa popularidade, sendo o seu décimo sexto traballo, True North (2013), o seu primeiro álbum en entrar no top 20 da lista Billboard 200, chegando ao número 19.
DiscografíaEditar
ÁlbumsEditar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
How Could Hell Be Any Worse? | 1982 | Epitaph Records |
Into the Unknown | 1983 | Epitaph Records |
Suffer | 1988 | Epitaph Records |
No Control | 1989 | Epitaph Records |
Against the Grain | 1990 | Epitaph Records |
Generator | 1992 | Epitaph Records |
Recipe for Hate | 1993 | Epitaph Records |
Stranger Than Fiction | 1994 | Atlantic Records |
The Gray Race | 1996 | Atlantic Records |
No Substance | 1998 | Atlantic Records |
The New America | 2000 | Atlantic Records |
The Process of Belief | 2002 | Epitaph Records |
The Empire Strikes First | 2004 | Epitaph Records |
New Maps of Hell | 2007 | Epitaph Records |
The Dissent of Man | 2010 | Epitaph Records |
True North | 2013 | Epitaph Records |
Age of Unreason | 2019 | Epitaph Records |
EPsEditar
- Bad Religion (1981, Epitaph)
- Back to the Known (1985, Epitaph)
- Christmas Songs (2013, Epitaph)
RecompilatoriosEditar
En directoEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bad Religion |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |