Generator
Generator é o sexto álbum da banda de punk rock Bad Religion, publicado o 13 de marzo de 1992 a través do selo Epitaph Records. Aínda que o disco foi completado na primavera de 1991 non sería editado ata 1992. A razón foi que o grupo non estaba cntento coa portada e co empaquetado. Generator foi o primeiro álbum da banda co batería Bobby Schayer, que substituíu a Pete Finestone durante a xira do Against the Grain.
Generator | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bad Religion | ||||
Gravación | maio de 1991 | |||
Estudio(s) | Westbeach Recorders, Hollywood, California | |||
Duración | 30:04 | |||
Xénero(s) | punk rock | |||
Selo(s) | Epitaph Records | |||
Producido por | Bad Religion | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Ao igual que os cinco primeiros álbums de Bad Religion (menos Into the Unknown), Epitaph Records lanzou unha versión remasterizada de Generator o 6 de abril de 2004, con dous temas exclusivos collidos do 7" compartido con Noam Chomsky editado por Maximum Rock'N Roll en 1991. Ese mesmo día publicouse un DVD da reedición do seu vídeo descatalogado por moito tempo Along the Way, que fora publicado en 1992. Estas versións contan con Finestone na batería, sendo as súas derradeiras gravacións con Bad Religion.
Listaxe de cancións Editar
- "Generator" (Gurewitz) - 3:21
- "Too Much to Ask" (Graffin) - 2:45
- "No Direction" (Graffin) - 3:14
- "Tomorrow" (Graffin) - 1:56
- "Two Babies in the Dark" (Gurewitz) - 2:25
- "Heaven Is Falling" (Gurewitz) - 2:04
- "Atomic Garden" (Gurewitz) - 3:10
- "The Answer" (Graffin) - 3:21
- "Fertile Crescent" (Graffin) - 2:08
- "Chimaera" (Graffin) - 2:28
- "Only Entertainment" (Graffin) - 3:12
Cancións extra da reedicición en CD de 2004 Editar
- "Fertile Crescent" (Graffin) - 2:18
- "Heaven Is Falling" (Gurewitz) - 2:18
- Antes da gravación do álbum, estes temas foron parte do 7" compartido con Noam Chomsky, editado por Maximum Rock 'N' Roll contra a guerra do Golfo.