How Could Hell Be Any Worse?
How Could Hell Be Any Worse? é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Bad Religion, publicado o 19 de xaneiro de 1982 a través do selo Epitaph Records.[1][2] Editado case un ano despois do seu EP Bad Religion, foi financiado por un préstamo de 3 000 dólares do pai do guitarrista Brett Gurewitz. O seu éxito sorprendeu ao grupo cando vendeu 10 000 copias nun ano.
How Could Hell Be Any Worse? | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bad Religion | ||||
Publicado | 19 de xaneiro de 1982 | |||
Gravación | outubro de 1980-xaneiro de 1981 | |||
Estudio(s) | Track Record, North Hollywood, California | |||
Duración | 29:54 | |||
Xénero(s) | hardcore punk, punk rock | |||
Selo(s) | Epitaph Records | |||
Producido por | Bad Religion | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
How Could Hell Be Any Worse? gravouse en dous períodos distintos no estudio Track Record Studios en North Hollywood, California, durante os meses de outubro e novembro de 1980 e despois en xaneiro de 1981.[3] Despois das primeiras sesións de gravación o batería Jay Ziskrout deixou Bad Religion sendo substituído polo seu amigo e o roadie da banda Pete Finestone, que completou o resto do álbum. Aínda que non aparece acreditado como membro da banda, o futuro guitarrista Greg Hetson, que estaba en Circle Jerks nesa época, fixo o solo de guitarra en "Part III". How Could Hell Be Any Worse? foi tamén o último álbum de Bad Religion co baixista Jay Bentley en seis anos, ata o Suffer de 1988.
A fotografía da portada foi tomada por Edward Colver preto do Hollywood Bowl, mentres que a contraportada ten unha das ilustracións de Gustave Dore da Divina Comedia de Dante.[3]
Listaxe de cancións editar
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "We're Only Gonna Die" | 2:12 |
2. | "Latch Key Kids" | 1:38 |
3. | "Part III" | 1:48 |
4. | "Faith in God" | 1:50 |
5. | "Fuck Armageddon...This Is Hell" | 2:48 |
6. | "Pity" | 2:00 |
7. | "In the Night" | 3:25 |
8. | "Damned to Be Free" | 2:12 |
9. | "White Trash (2nd Generation)" | 2:21 |
10. | "American Dream" | 1:41 |
11. | "Eat Your Dog" | 1:04 |
12. | "Voice of God Is Government" | 2:54 |
13. | "Oligarchy" | 1:01 |
14. | "Doing Time" | 3:00 |
Remasterización de 2004 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Orixinalmente aparece en | Duración | ||||||
15. | "Bad Religion" | Bad Religion | 1:49 | ||||||
16. | "Politics" | Bad Religion | 1:21 | ||||||
17. | "Sensory Overload" | Bad Religion | 1:31 | ||||||
18. | "Slaves" | Bad Religion | 1:20 | ||||||
19. | "Drastic Actions" | Bad Religion | 2:36 | ||||||
20. | "World War III" | Bad Religion | 0:54 | ||||||
21. | "Yesterday" | Back to the Known | 2:39 | ||||||
22. | "Frogger" | Back to the Known | 1:19 | ||||||
23. | "Bad Religion" | Back to the Known | 2:10 | ||||||
24. | "Along the Way" | Back to the Known | 1:36 | ||||||
25. | "New Leaf" | Back to the Known | 2:53 | ||||||
26. | "Bad Religion" | Public Service | 1:48 | ||||||
27. | "Slaves" | Public Service | 1:07 | ||||||
28. | "Drastic Actions" | Public Service | 2:31 | ||||||
55:28 |
Notas editar
- ↑ "How Could Hell Be Any Worse? - 12" - 1982". The Bad Religion Page. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2018.
- ↑ "Bad Religion - How Could Hell Be Any Worse?". Discogs. Consultado o 5 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "How Could Hell Be Any Worse?". The Bad Religion Page. Consultado o 5 de outubro de 2018.