Baccara é un dúo musical formado en 1977 por Mayte Mateos e María Mendiola.

Baccara
Mayte Mateos (esquerda) e Maria Mendiola (dereita), integrantes orixinais de Baccara
OrixeMadrid, España España
Xénero(s)Música disco, música pop
MembrosMayte Mateos e Paloma Blanco, Cristina Sevilla e Helen de Quiroga
Antigos membrosMaría Mendiola, Marisa Pérez, Jane Comerford
Na rede
www.baccara-oficial.com
IMDB: nm3701409 Facebook: BaccaraOfficial Twitter: BaccaraOficial Instagram: baccaraoficial Youtube: UCIRJ8MotVzQXJCvNBtppFdA Spotify: 4dn4KQgTE4P3jrwa3iIVzQ iTunes: 16279268 Musicbrainz: 07d64456-0220-4fb3-b6bf-bb9707b4eefb Songkick: 274783 Discogs: 70244 Allmusic: mn0000061871 Deezer: 11596 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Mayte Mateos (Logroño, 7 de febreiro de 1951) e María Mendiola (Madrid, 4 de abril de 1952) coñecéronse traballando como bailarinas no ballet de Televisión Española con Alberto Portillo. En 1976 María, que era a primeira bailarina do ballet, propúxolle a Mayte formar un dúo, inspirándose nas populares Kessler Twins. Tras probar fortuna nunha sala de festas de Zaragoza co nome de Venus foron despedidas tras ser consideradas demasiado elegantes. O por entón marido de María conseguiulles un contrato no Hotel Tres Islas en Fuerteventura (Illas Canarias), e alí foron descubertas por tres xerentes da compañía RCA que as contrataron para gravar un disco en Hamburgo (Alemaña). A comezos de 1977 saltaron ao mercado musical como Baccara, nome tomado a partir dunha variedade de rosa de cor vermella escura e talo largo. A súa imaxe era con Mayte vestida de negro e María de branco.

A súa primeira canción, "Yes Sir, I Can Boogie", foi un grande éxito, e convertéronse nas primeiras artistas españolas en conseguir un número 1 absoluto no Reino Unido. Tamén tiveron éxito en países como Alemaña, Francia, Suecia, Rusia ou Xapón, a pesar de que aínda non saíran en televisión. Logo de triunfar tamén coa canción "Sorry, I'm A Lady", representaron a Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1978 co tema "Parlez-Vous Français?". Acadaron a sétima posición, se ben o sinxelo tivo moi boas vendas. Outras cancións coas que acadaron sona foron "The Devil Sent You To Lorado" ou "Ay, Ay Sailor".

Tras unha serie de grandes éxitos como "Darling" ou "Body-Talk" o dúo separouse a consecuencia dunha gran polémica a partir do lanzamento do sinxelo "Sleepy-Time-Toy". Os desacordos entre Mayte e María respecto á mestura vocal derivaron nunha disputa legal coa discográfica. Rolf Soja e Frank Dostal non interviñeron no cuarto álbum de Baccara. En 1981, despois de gravar Bad Boys con Bruce Baxter e Graham Sacher, Mayte e María decidiron proseguir as súas carreiras por separado.

Ningunha das dúas tivo moito éxito como solista, polo que buscaron novas compañeiras e refixeron o dúo. María ten como compañeira a Cristina Sevilla (desde 2009), e Mayte fai parella con Paloma Blanco. Baccara segue actuando e editou novos discos ao mercado nas súas dúas formacións.

Agrupación de Mayte Mateos, dende 1983 editar

En 1983 Mayte Mateos refixo Baccara xunto a Marisa Pérez, quen posteriormente sería parella de María Mendiola durante case 25 anos), e reintroduciu o dúo no espectáculo europeo.

A Marisa sucedérona 13 compañeiras distintas: Ángela Muro, Soledad García, Jane Comerford, Cristina Sevilla, Romy Abradelo, Isabel Patton, Paloma Blanco, María Marín e Francesca García entre outras, até repetir con Paloma Blanco (ex compoñente de La Década Prodigiosa), quen é a súa actual parella.

En 2004 Mayte Mateos e Cristina Sevilla participaron no Melodifestivalen 2004, o concurso de preselección para representar a Suecia no Festival de Eurovisión, coa canción "Soy tu Venus" [1], mais foi seleccionada Lena Philipsson.

Desde 2005, Mayte Mateos traballa con Paloma Blanco. Xunto a Paloma Blanco gravou o álbum Satin... In Black & White en 2008.

Agrupación de María Mendiola, 1985-2021 editar

 
Cristina Sevilla (esquerda) e María Mendiola (dereita) en 2011, en Rusia.

En 1985 María Mendiola fixo parella coa tamén bailarina Marisa Pérez logo de que esta se separase de Mayte, e a formación chamouse 'New Baccara'. En 1987 acadaron o Top 5 en España e o Top 40 en Alemaña coa canción "Call Me Up", escrita por Ian Cussick. En 1988 estrearon varias cancións influenciados polo Hi-NRG europeo. "Call Me Up", "Fantasy Boy" e "Touch Me" foron producidos por Luis Rodríguez, colaborador habitual de Dieter Bohlen para os discos de Modern Talking, e tiveron éxito en discoteca de toda Europa. María Mendiola escribiu a letra da canción "Talisman", que levou a 'New Baccara' gran popularidade en América Latina.

A versión de "Wind Beneath My Wings", editada en 1993, triunfou nos clubs nocturnos del Reino Unido.

A mediados da década de 1990 New Baccara foi renomeado Baccara, e os lanzamentos de sinxelos e álbums [2] continuaron, se ben non tiveron gran presenza nas listas de popularidade, pois a música estaba dirixida en boa medida ás salas de baile.

Marisa Pérez deixou o dúo por un problema crónico de saúde que lle impedía volver bailar. Foi substituída por Cristina Sevilla, con quen editou o álbum I Belong To Your Heart [3] en 2017.

María Mendiola faleceu [4] en Madrid o 11 de setembro de 2021.

Agrupación de Cristina Sevilla, dende 2022 editar

O 26 de xaneiro de 2022 anunciouse que Helen de Quiroga pasará a ser a nova compañeira de escena de Cristina Sevilla. A primeira aparición desta formación tivo lugar en Kíiv, Ucraína, a mediados de febreiro de 2022. [5]


Predecesor:
"Frère Jacques"
Anne Marie B.
 
Luxemburgo no Festival de Eurovisión

1978
Sucesor:
"J'ai déjà vu ça dans tes yeux"
Jeane Manson
  1. https://eurovisionworld.com/national/sweden/melodifestivalen-2004/baccara-soy-tu-venus
  2. https://hitparade.ch/album/Baccara/Face-To-Face-90762
  3. https://hitparade.ch/song/Baccara/I-Belong-To-Your-Heart-1669614
  4. https://www.elmundo.es/cultura/musica/2021/09/11/613cd69c21efa0855a8b4673.html
  5. https://www.libertaddigital.com/chic/corazon/2022-03-13/las-nuevas-baccara-debutaron-en-kiev-una-semana-antes-de-la-invasion-rusa-6875464/