Baños de Cortegada
balneario en Cortegada
Baños de Cortegada é o nome dado ao balneario de arquitectura modernista construído en 1937 en Cortegada, ao sur da comarca ourensá do Ribeiro. O edificio descansaba nun principio nun dos altos sobre do río Miño, mais tras a construción do encoro de Frieira na década de 1960, a casa de baños quedou á mesma altura que a presa. As súas augas son ricas en xofre e en ferro, e a temperatura pode chegar a acadar por volta dos 40 °C.
Baños de Cortegada | |
---|---|
![]() Balneario de Cortegada | |
Coordenadas | 42°12′03″N 8°10′28″O / 42.200833333333, -8.1744444444444Coordenadas: 42°12′03″N 8°10′28″O / 42.200833333333, -8.1744444444444 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baños de Cortegada |