Avante (Vilagarcía de Arousa)

Avante foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1931.

Avante
LocalidadeVilagarcía de Arousa
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 23 de marzo de 1931.[1] Periódico semanal editado polo Centro Republicano de Vilagarcía de Arousa,[2] e dirixido (nos seus catro primeiros números) por Pedro Díaz Abalo, que cesou por incompatibilidades ideolóxicas ao proclamarse a Segunda República Española. Carecía de seccións fixas. Cesou a súa publicación despois das eleccións de xuño de 1931.

  1. El Progreso, 26-3-1931, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 28-2-1931, p. 6.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar