Avante foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1931.

Avante
LocalidadeVilagarcía de Arousa
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 23 de marzo de 1931.[1] Periódico semanal editado polo Centro Republicano de Vilagarcía de Arousa,[2] e dirixido (nos seus catro primeiros números) por Pedro Díaz Abalo, que cesou por incompatibilidades ideolóxicas ao proclamarse a República. Carecía de seccións fixas. Cesou a súa publicación despois das eleccións de xuño de 1931.

Notas editar

  1. El Progreso, 26-3-1931, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 28-2-1931, p. 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 601. ISBN 84-7492-489-8. 
  • Viana, Víctor (8-11-1986). "«Avante», un periódico republicano". La Voz de Galicia. Arousa: 25.