Australolacerta australis

Australolacerta australis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (Réptiles)
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Eremiadini
Xénero: Australolacerta
Arnold, 1989
Especie: A. australis
Nome binomial
Australolacerta australis
Arnold, 1989
Sinonimia
Véxase o texto

Australolacerta australis é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, a única do xénero Australolacerta.[2][3]

Taxonomía editar

Descrición editar

Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1989 polo herpetólogo británico Edwin Nicholas Arnold,[2][3] encargado da sección de herpetoloxía do Museo de Historia Natural de Londres, no seu traballo:

"Towards a phylogeny and biogeography of the Lacertidae: relationships within an old-world family of lizards derived from morphology". Bulletin of the British Museum, Natural History (Zoology) 55 (2): 209-257.[2]

Etimoloxías editar

O nome científico Australolacerta está formado pola unión dos elementos Australo- e -lacerta. O primeiro deriva do latín australis, localización orientada cara ao sur, meridional (o contrario de boreal), e o segundo do latín lacerta, "lagarto".

O epíteto específico, australis tamén está tomado do latín australis.

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido a especie coñceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Lacerta australis Hewitt, 1926
  • Lacerta australis Fitzsimons, 1943
  • Lacerta australis Haacke, 1982
  • Australolacerta australis Branch, 1993
  • Australolacerta australis Edwards et al., 2013

Distribución editar

É unha especie endémica do Cabo Occidental, Suráfrica.[1][4]

Características e historia taxonómica editar

Co traslado de Lacerta rupicola ao xénero Vhembelacerta, foi necesario un rediagnóstico de Australolacerta. A monofilia deste xénero monotípico estableceuse sobre a base dunha serie de marcadores nucleares e mitocondriais. Morfoloxicamente é máis próximo a Vhembelacerta, e pódese distinguir de todos os demais lacértidos pola seguinte combinación de características: cabeza moderadamente deprimida, corpo debilmente deprimido, SVL (medida morfométrica tomada en herpetoloxía desde a punta do fociño até a abertura máis posterior da fenda cloacal) de 50 a65 mm, máximo 70 mm; a extremidade posterior dprimida chega ao colo; a cola é cilíndrica; os escudos de cabeza son normais, cos superiores lisos; a rexión occipital é plana; o fociño aacba en punta, e é máis curto que a parte postocular da cabeza; a fosa nasal está perforada entre a nasal e unha ou dúas posnasais, coas nasais en contacto entre si detrás da rostral.[4]

Ameazas editar

Actualmente non hai grandes ameazas para esta especie.[1]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie atópase en varias zonas das montañas do Cabo Occidental, onde está restrinxida a altitudes moi altas (>750 m, coa maioría dos rexistros en lugares por riba dos 1 400 msnm), e en lugares de altas precipitacións, e aínda que está escasamente distribuída nun rango estreito cunha extensión de aparicións relativamente moderada (uns 9 000 km2), gran parte da área está protexida formalmente, e hai poucas ameazas antrópicas para o seu hábitat, cualifica o status sa especie como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cunningham, M. J., Tolley, K. & Turner, A. A. (2018): Australolacerta australis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 2 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Australolacerta Arnold, 1989 no GBIF. Consultado o 2 de outubro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Australolacerta Arnold, 1989 na BioLib. Consultada o 2 de outubro de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Australolacerta australis en The Reptile database. Cansultada o 2 de outubro de 2022.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bates, M. F., Branch, W. R., Bauer, A. M., Burger, M., Marais, J., Alexander, G. J. and de Villiers, M. S., eds. (2014): Atlas and Red List of the Reptiles of South Africa, Lesotho and Swaziland. Suricata 1. Pretoria: South African National Biodiversity Institute. ISBN 978-1-9199-7696-9.
  • Edwards, S., Branch, W. R., Vanhooydonck, B., Herrel, A., Measey, G. J. & Tolley, K. A. (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114.
  • Hewitt, J. (1926): "Some new or little-known reptiles and batrachians from South Africa". Annals of the South African Museum 20: 473–490.

Outros artigos editar