Aulostomidae
Aulostomidae Rango fósil: Eoceno-Recente | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aulostomus maculatus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
ver en el texto | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Aulostomus é o único xénero de peixes mariños da familia Aulostomidae, incluídos na orde Syngnathiformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.[2]
O seu nome procede do grego: aulos (frauta) + stoma (boca),[3] pola forma tan alongada da súa boca. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno inferior, durante o Paleóxeno (era Cenozoica).[4]
Morfoloxía
editarTeñen un corpo comprimido e moi alongado, cunha lonxitude máxima rexistrada de 100 cm,[5] pel con escamas; a mandíbula inferior con barbas carnosas na punta; ben desenvolvida a liña lateral; a musculatura do corpo está soportada por postes óseos que parecen entrelazados, cunhas 60 vértebras.[2]
Teñen unha serie de 8 a 12 espiñas dorsais illadas precedendo a aleta dorsal contendo de 23 a 28 raios brandos; aleta anal con 25 a 28 raios brandos; as aletas pélvicas están situadas lonxe do ano; a aleta caudal é redondeada.[2]
Hábitat e modo de vida
editarNormalmente atópase sobre arrecifes xunto a grandes peixes herbívoros ou en orientación vertical coa cabeza boca-abaixo, axexando así camuflados entre algas para capturar pequenos peixes e crustáceos.[2]
Especies
editarExisten só 3 especies nesta familia e xénero:[6]
- Familia Aulostomidae:
- Xénero Aulostomus:
- Aulostomus chinensis (Linnaeus, 1766)
- Aulostomus maculatus (Valenciennes, 1841)
- Aulostomus strigosus (Wheeler, 1955)
- Xénero Aulostomus:
Notas
editar- ↑ Bailly, N. (2014). Aulostomus Lacepède, 1803. In: Froese, R. and D. Pauly. Editors. (2014) FishBase. Accessed through: World Register of Marine Species at http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=205363 Consultado o 26 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Nelson, J.S. (1984). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). New York. pp. 523 p.
- ↑ Romero, P. (2002). unpublished, ed. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
- ↑ Berg, L.S. (1958). VEB Verlag der Wissenschaften, ed. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín.
- ↑ http://www.fishbase.org/references/FBRefSummary.php?ID=26340
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Aulostomidae (TSN 166409)" (en inglés).
- Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2008). "Aulostomidae" en FishBase. Versión de setembro de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aulostomidae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aulostomidae |