Singnatiformes
(Redirección desde «Syngnathiformes»)
Os Singnatiformes (Syngnathiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Inclúen os cabaliños de mar.

Características Editar
Son peixes de corpos alongados e estreitos, con cabezas diminutas e tubulares, e con aneis óseos. Viven entre as algas mariñas e nadan co corpo en vertical, confundíndose entre as algas.
Clasificación Editar
ITIS considera estes peixes como unha suborde, Syngnathoidei, dentro da orde Gasterosteiformes. En FishBase considéranse como dúas ordes diferentes.
Divídense en cinco familias:
- Familia Aulostomidae
- Familia Centriscidae
- Familia Fistulariidae
- Familia Solenostomidae
- Familia Syngnathidae
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Singnatiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Singnatiformes |