Fistulariidae é unha pequena familia zoolóxica de peixes da orde Syngnathiformes, familia cun só xénero Fistularia, que se encontra no mundo en mares tropicais e subtropicais.[1] O seu nome procede do latín fistula = tubo,[2] pola forma do seu corpo.

F. petimba.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno medio, durante o Terciario inferior.[3]

Morfoloxía editar

Os exemplares posúen un corpo esaxeradamente alongado cunha media de 2 m de lonxitude e lixeiramente deprimido, parécense a moitas anguías, mais teñen aletas dorsais e anais ben distinguibles, unhas aletas caudais bifurcadas cuns raios concéntricos que forman un filamento alongado; a liña lateral está ben desenvolvida e esténdese polo filamento caudal.[1]

Hábitat e importancia pesqueira editar

Vive xeralmente en augas abertas costeiras ou en arrecifes de coral, onde comen pequenos peixes, crustáceos e invertebrados.[1]

Posúe pouco interese para a pesca, mais pódese atopar en mercados mariñeiros tropicais.

Especies editar

Existen só catro especies neste xénero e familia:[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Nelson, J.S. (1984). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). Nueva York. pp. 523 p. 
  2. Romero, P. (2002). unpublished, ed. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid. 
  3. Berg, L.S. (1958). VEB Verlag der Wissenschaften, ed. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín. 
  4. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Fistulariidae (TSN 166414)" (en inglés).