Augusto García Sánchez
político español
Augusto García Sánchez, finado Pontevedra en abril de 1978, foi un químico e político galego.
Augusto García Sánchez | |
---|---|
Falecemento | 1978 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Químico de profesión, foi decano do Colexio de Químicos de Galicia. As súas inquedanzas musicais levárono a ser director do Conservatorio e Presidente da Coral Polifónica de Pontevedra e a Sociedade Filharmónica. Foi alcalde de Pontevedra do 16 de maio de 1970 a febreiro de 1974.
Predecesor: Ricardo García Borregón |
Alcalde de Pontevedra 1970 - 1974 |
Sucesor: Joaquín Queizán Taboada |