Augustal

antiga moeda de ouro italiana

O augustal (latín: augustale) foi unha moeda de ouro cuñada no Reino de Sicilia. Foi establecida en 1231 por Frederico II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Rei de Sicilia, cuñouse ata a súa morte en 1250 e tivo ampla circulación na Península Itálica. O mesmo nome déuselles tamén a algunhas moedas sicilianas de ouro posteriores de características e valor similares.[1][2][3][4][5]

Augustal de Messina, con Frederico II no anverso como emperador romano

Foi cuñado nas cecas de Brindisi e Messina e, ademais da unidade, emitiuse tamén o medio augustal, con idéntico deseño e proporcional en tamaño e peso.[6][7]

Caracterización editar

 
Detalle da característica aguia do reverso do augustal

O augustal tiña un peso nominal de 5,31 gramos e unha fineza de 20½ quilates (ou 854 milésimas de ouro puro). O seu valor legal era o dun terzo da onza siciliana de ouro.[6]

Os augustais inspiraban a súa tipoloxía en modelos monetais romanos, particularmente nos áureos. Os seus tipos fixos amosan nos anversos o busto laureado do emperador con aparencia romana e nos reversos unha aguia coas ás estendidas, como símbolo imperial. [3][8]

As súas lendas están en lingua latina. A dos anversos é CAESAR AVG IMP ROM ("César Augusto, emperador dos romanos") e a dos reversos FRIDE RICVS, o nome do emperador.[5][6]

Notas editar

  1. Kowalski, H. (1976). "Die Augustalen Kaiser Friedrichs II". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 55: 77-150.
  2. Travaini, L. "Augustale". En Enciclopedia Federiciana. Istituto dell'Enciclopedia Italiana Treccani.
  3. 3,0 3,1 "Augustal". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  4. Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Páxina 455. Páxina 187.
  5. 5,0 5,1 Abulafia, D. (1992). Páxina. 222.
  6. 6,0 6,1 6,2 Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Páxina 172.
  7. "Gold 1/2 augustalis of Frederick II". American Numismatic Society.
  8. "Könige von Sizilien: Friedrich II. (1197–1250)". Kunst Historisches Museum Wien.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar