Auga seca (serie de televisión)

serie de televisión luso-galega (2020)

Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués.

Auga seca
XéneroSuspense
Creado porPepe Coira
Escrito porPepe Coira
Dirixido porToño López
Intérpretesvéxase a sección de seu
Lingua(s)Galego e Portugués
Temporadas2
Episodios14 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Alfonso Blanco e José Amaral
Produtor(es)Portocabo e SP-i
Duración50 min
DistribuidorDCD Rights
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG e RTP
Primeiro episodio17 de xaneiro de 2020 na RTP e 2 de febreiro de 2020 na TVG
Na rede
IMDB: tt10495654 Filmaffinity: 625771 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020[1] e tamén en HBO Portugal.[2][3]

A serie editar

Paulo Duarte morre[4]. Un aparente suicidio que non convence a ninguén: nin á policía nin á súa irmá Teresa, que decide deixar a súa vida en Lisboa para descubrir o que realmente pasou co seu irmán. Teresa non se equivoca e a morte de Paulo esconde moito máis do que parece: unha rede de tráfico de armas liderada por Mauro Galdón, empresario de éxito e padriño de Teresa.

A morte inesperada do irmán fai que Teresa vexa a súa vida cambiada de golpe. Sen conseguir agardar polos resultados da investigación, múdase de Lisboa para Vigo, para traballar na antiga empresa do irmán e investigar que foi o que lle pasou.[5] Os sucesos provocaron meses de investigación coordenada entre as policías xudiciais de España e Portugal, baixo a ollada atenta da Interpol.[6]

Para Espalha-Factos: É precisamente desta mistura de sonoridades entre o português e o galego que a série vai viver, contando também com atores da Galiza no elenco. Outra das misturas bem patentes no projeto é a dos negócios ilegais do tráfico de armas com o mundo empresarial.[7]

O proxecto demorou dous anos despois de saír do papel, en 2019 xa foi exhibida en Cannes e vendeu os dereitos de transmisión a unha distribuidora inglesa. Un bo indicador sobre o que se pode esperar da nova proposta televisiva con elenco portugués e galego.[8] Rodada entre Vigo e Lisboa, dúas cidades cunha ollada atlántica unidas nesta ficción transfronteiriza, Auga seca reflexiona sobre a familia e a moral nun universo onde nada nin ninguén é o que parece e onde todos buscan coñecer a verdade.[9]

Para Sónia Calheiros: En Auga Seca, serie da autoría de Pepe Coira, en que se fala portugués, galego e “portuñol”, a protagonista Victoria Guerra foi buscar unha certa inspiración á personaxe de Amy Adams em Sharp Objects – unha xornalista solitaria, cunha investigación independente nas mans. Sen nunca ter falado galego na vida, a actriz de 30 anos sentiu na aprendizaxe da lingua a maior dificultade. A ligazón entre Portugal e España faise a través do contrabando de armas e da investigación policial conxunta. Non sendo unha serie de acción pura e dura, a temática do tráfico de armas é, sen dúbida, unha opción interesante, despois de o tráfico de droga, por exemplo, ter sido tan ben explorado en Fariña, serie tamén pasada en Galiza.[10]

Segundo a RTVG: ‘Auga Seca’, drama policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, é a primeira serie en galego que accedeu ao exclusivo Mipcom de Cannes, está coproducida pola galega Portocabo e SP-i, a produtora de televisión máis importante do país veciño, e vai ser distribuída internacionalmente pola británica DCD Rights. A trama cargada de xiros e sorpresas supón unha nova colaboración entre a TVG e a RTP, canles que manteñen lazos estreitos, despois de coproducir tamén as series ‘Vidago Palace’ e ‘Verão M’ e programas como ‘Camiños de irmandade’ e especiais de ‘Aquí Galicia’ e ‘Aquí Portugal’.[11]

A pre-estrea da serie foi en Vigo o 29 de xaneiro de 2020.[12]

Episodios[4] editar

  • Episodio 1: Un rapaz portugués, Paulo Duarte, aparece morto no porto de Vigo. Trátase, aparentemente, dun suicidio, malia que ninguén á súa volta consiga entender por que motivo o fixo. Nin a súa irmá Teresa, que parte de Lisboa en dirección a Vigo; nin o seu padriño, Mauro Galdón, un importante empresario de Vigo, propietario da empresa de loxística onde traballaba Paulo, e a quen a morte de Paulo vai afectar máis do que lle gustaría.

Emitido na RTP1 o 17 de xaneiro de 2020 e na TVG o 2 de febreiro de 2020 (8,1 de audiencia e 68.000 espectadores[13]).

  • Episodio 2: Despois de seren descubertas varias armas no apartamento de Paulo, o inspector Viñas e a súa colega Gabriela céntranse aínda máis na investigación da súa morte que, na realidade, foi un asasinato. A presenza da policía no porto compromete os negocios paralelos de Mauro que se ve obrigado a adiar a operación de tráfico de armas. Pola súa banda, Teresa regresa a Lisboa, a pesar de continuar convencida que o seu irmán non se suicidou.

Emitido na RTP1 o 24 de xaneiro de 2020 e na TVG o 9 de febreiro de 2020.

  • Episodio 3: As últimas pistas encontradas pola policía levan a crer que Paulo traficaba con armas. O que non podían imaxinar é que o negocio de Paulo era só unha pequena parte e que o verdadeiro traficante é Mauro, que acaba de descubrir que Paulo o roubaba. Xa instalada en Vigo, Teresa comeza a investigar por conta propia. Entre tanto, os Galdón prepáranse para un importante evento na Fundación, no cal Fran presentará o seu proxecto para combater a seca a través da "auga seca".

Emitido na RTP1 o 31 de xaneiro de 2020 e na TVG o 16 de febreiro de 2020.

  • Episodio 4: Após sufrir un ataque na sede da súa empresa en Luanda, Mauro vese obrigado a retomar o envío das armas aos seus clientes en África. Por outro lado, a súa filla Sílvia e Leo, ambos cómplices de Paulo no negocio do tráfico de armas, continúan a ser chantaxeados pola persoa que matou a Paulo. Alén diso, Leo pensa que Teresa descubriu que estivo no apartamento de Paulo e recea que ela o denuncie á policía. O que el non sabe é que o equipo de Viñas xa o está a vixiar.

Emitido na RTP1 o 7 de febreiro de 2020 e na TVG o 23 de febreiro de 2020.

  • Episodio 5: Grazas a Teresa, os inspectores descobren que Sílvia era a namorada de Paulo e voltan a falar con ela. En canto a policía se pregunta sobre o papel da filla dos Galdón na investigación en curso, os homes de Mauro agardan a chegada das armas, que veñen de Portugal. Chegou o momento de preparar o envío para África, escondendo as armas na maquinaria da auga seca. Pola súa banda, Leo e Sílvia descobren que o home que os está a chantaxear é Rafa, un policía, e acaban por decidir pagarlle.

Emitido na RTP1 o 14 de febreiro de 2020 e na TVG o 1 de marzo de 2020.

  • Episodio 6: Despois de Sílvia lles confesar que matou Rafa, Mauro e Irene pensan no que poden facer para axudar a filla. Entre tanto a policía xa encontrou o cadáver de Rafa e procuran a Leo por acreditaren ser o culpado. Leo está escondido e non tardará moito en ser descuberto. Mais que o apaña non é a policía mais si Mauro. Mentres Nicasio supervisa os últimos detalles do envío das armas, que embarcarán nun cargueiro nese mesmo día, Fran comeza a sospeitar que algo non cadra ben ao decatarse de que a maquinaria da auga seca non está no almacén do laboratorio nin no porto.

Emitido na RTP1 21 de febreiro de 2020 e na TVG o 8 de marzo de 2020. (previsto)

Elenco editar

Portugueses editar

  • João Arrais, como Paulo, o falecido
  • Vitória Guerra, como Teresa, a irmá de Paulo
  • João Pedro Dantas, como o policía portugués Machado
  • Marta Andrino, unha policía portuguesa
  • Adriano Luz, como Lázaro, ex-militar.
  • Joana Santos, como Laura, propietaria dun café en Vigo
  • Igor Regalla, como Abel

Galegos editar

Notas editar

  1. "Auga Seca - serie de HBO dirigida por Toño López". CINEMAGAVIA (en castelán). 2020-03-07. Consultado o 2020-03-07. 
  2. Fernando Sarasketa. "Auga Seca estará dispoñíbel en HBO España e HBO Portugal a partir do 1 de abril". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-03-07. 
  3. "'Auga seca' convértese na primeira serie en galego no catálogo de HBO". Nós Diario. 1 de abril de 2020. Consultado o 1 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Portugal, Rádio e Televisão de. "Auga Seca - Séries Nacionais - RTP". www.rtp.pt. Consultado o 2020-01-31. 
  5. "“Auga Seca”: a nova série thriller com Victoria Guerra estreia esta sexta-feira". NiT (en portugués). Consultado o 2020-01-31. 
  6. Televisão, A. (2020-01-17). "Auga Seca estreia na RTP1 – Conheça as personagens". A Televisão (en portugués). Consultado o 2020-01-31. 
  7. Santos, Helena (2019-07-12). "Auga Seca: Conhece mais sobre as personagens do novo thriller português". Espalha-Factos (en portugués). Consultado o 2020-01-31. 
  8. ""Auga Seca" traz o policial nórdico para a ficção portuguesa". Time Out Lisboa (en portugués). Consultado o 2020-01-31. 
  9. "Premiere mundial da serie da Televisión de Galicia 'Auga seca' no Mipcom de Cannes". crtvg.es. Consultado o 31/01/2020. 
  10. "Visão. Armas e muito contrabando em 'Auga Seca', a nova série nacional da RTP1". Visão (en portugués). 2020-01-17. Consultado o 2020-01-31. 
  11. "Auga seca (Estrea este domingo día 2, 22.30h). CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-01-31. 
  12. "Éxito de acollida na posta de longo en Vigo da nova serie da TVG 'Auga seca', cuxa estrea é este domingo na Galega. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-01-31. 
  13. AV451, Redacción (2020-02-04). "Portocabo celebra la audiencia de 'Auga seca' en su estreno en TVG". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 2020-02-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar