Butaritari, tamén coñecido como Kleine-Makin, Makin, Illa Pitt, Taritari e Illa Touching) é un atol localizado no océano Pacífico, no grupo de illas Gilbert, pertencentes a Kiribati. É a máis fértil da Illas Gilbert, con chans relativamente bos (para un atol) e altas precipitacións. Butaritari ten unha superficie de 13´49 km² e unha poboación de 4.346 segundo o censo de 2010. Durante a segunda guerra mundial, Butaritari era coñecido polas forzas estadounidenses como "Makin Atoll", e foi o escenario da Batalla de Makin. A nivel local, Makin é o nome dun atol independente ao nordeste de Butaritari.

Modelo:Xeografía físicaAtol Butaritari
(en) Butaritari Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Gilbert, Kiribati Editar o valor en Wikidata
Mapa
 3°10′04″N 172°49′33″L / 3.1677777777778, 172.82583333333
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Superficie13,49 km² Editar o valor en Wikidata
O atol Butaritari e parte de Makin (parte superior dereita). A maioría de Makin non figura neste mapa e unicamente unha parte e visible.
Calzada que conecta Tanimaiaki e Keuea

Xeografía

editar

 

Butaritari é o segundo atol máis ao norte das Illas Gilbert, tres quilómetros ao nordés existe un arrecife lineal con tres illotes habitables: Makin, Kiebu e Onne, coñecidas como Illas Makin. Butaritari chamouse Atol Makin polo Exército dos Estados Unidos e Makin entón era coñecido como Makin Meang (Makin Norte) ou Pequena Makin para distinguilo. Agora que Butaritari converteuse no nome preferido para o atol máis grande, os falantes tenden a abandonar o cualificativo de Makin. Butaritari tamén foi previamente coñecido como Illa Pitt, Illa Taritari, ou a illa de Contacto.

Butaritari ten unha área de 13´49 km² e unha poboación de 4.346 habitantes (2010), mentres que Makin ten unha área de 6´7 km² e unha poboación de 1.700 persoas. Ten ao redor de 30 km de leste para oeste e 15 km de norte para sur. Algunhas partes da illa están mergulladas, creando canles. Pódense atopar illotes pequenos entre estas canles.

O atol é continuo, pero sen illotes na parte norte. Na esquina nordés mide preto de 1´75 km de largo, onde só hai illotes dispersos. A lagoa de Butaritari ten fácil acceso ao océano, é profunda e pode acomodar grandes barcos, aínda que a pasaxe de entrada é relativamente estreita.

Os illotes de Bikati e Bikatieta ocupan a punta noroeste, rodeando o que podería ser unha segunda pequena lagoa ao norte da lagoa principal. En Bikati, de 2 por 0´5 km, atópase unha aldea. O pobo principal é Butaritari, cunha poboación de aproximadamente 2.000 habitantes.

A parte sur e sur este do atol consta dun illote case continuo, só roto nun único e amplo sector de arrecifes entre os illotes. Estes illotes teñen na súa maioría entre 0´2 e 0´5 km de ancho, pero aumentan nas áreas onde o arrecife cambia de dirección. Os mangleiros parecen ben desenvolvidos nestes últimos ámbitos, así como ao longo da costa sur da lagoa. Os illotes estreitos son característicos dos atois de Kiribati que corren de leste a oeste.

A poboación de Butaritari no Censo 2010[1] tiña 4.346 persoas, que habitan en doce localidades:

Kuuma 323 inhabitants
Ukiangang 707 inhabitants
Bikaati 225 habitantes
Tikurere 8 habitantes
Keuea 258 habitantes
Tanimainiku 248 habitantes
Tanimaiaki 267 habitantes
Tabonuea 271 habitantes
Antekana 217 habitantes
Taubukinmeang 835 habitantes
Temanokunuea 621 habitantes
Onomaru 366 habitantes

Butaritari, Keuea, Kuma, Tanimaiaki, Tekabetete

Butaritari é unha das máis exuberantes illas de Kiribati, debido ás boas choivas. A precipitación anual típica é duns 4 m, en comparada cos ao redor de 2 m en Tarawa e 1 m no extremo sur de Kiribati. O fenómeno El Niño aumenta a cantidade de choivas no atol.

Economía

editar

Butaritari conta con ricos recursos mariños, cunha gran lagoa e grande arrecife. Butaritari é tamén a illa de Kiribati co maior potencial para a agricultura; bananas, pan e papaio crecen ben, e cultívase con éxito a cabaza, col, cogombro, berenxena e outros vexetais que foron introducidos coa axuda da Misión Técnica de Taiwán con sede en Tarawa Sur. Con todo a maioría das familias aínda manteñen un estilo de vida de subsistencia, e aínda que a comida é abundante o diñeiro é a miúdo escaso, xa que hai poucos traballos remunerados na illa[2].

Historia

editar
 
Retrato dun nativo das illas Makin, atraídos por Alfred Thomas Agate (1841)
Artigo principal: Illas Gilbert.

A expedición española dirixida por Pedro Fernandes de Queirós descubriu as illas Boa Viaxe (Butaritari e Makin) o 8 de xullo de 1606.[3].

Tradicionalmente, Butaritari e Makin foron gobernadas por un xefe que vivía na illa de Butaritari. Este xefe tiña todo o poder e a autoridade para facer e impoñer as súas decisións en Butaritari e Makin, un sistema moi diferente do das Illas Gilbert do sur onde o poder era exercido colectivamente polos unimwane ou homes vellos da illa. Os habitantes da vila de Kuma tiñan o poder de chamar aos delfíns ou as baleas, e utilizaban esta capacidade en ocasións especiais para prover de carne a festas importantes como a apertura dunha nova Maneaba.[4]

Robert Louis Stevenson, Fanny Vandegrift Stevenson e Lloyd Osbourne visitaron Butaritari do 14 de xullo de 1889 a principios de agosto. Nese momento Nakaeia, era o gobernante dos atois Butaritari e Makin, sendo o seu pai Tebureimoa e o seu avó Tetimararoa. Nakaeia foi descrito por Stevenson como "un home de gran fortaleza física, maxistral, violento ... Só nas súas illas era el quen trataba e beneficiábase, era o fabricante e o comerciante" cos seus súbditos sometidos pola servidume e o medo.[5]

Nakaeia permitiu operar a dúas empresas comerciais de San Francisco, os señores, Crawford e os Sres. Wightman Brothers, cun máximo de 12 europeos residentes en varios dos atois. A presenza dos europeos, e o alcohol que negociaban cos insulares, resultaron en festas alcohólicas periódicas que só terminaron cando Nakaeia ameazou con prohibir a venda de alcohol. Durante os 15 días aproximadamente que Stevenson pasou en Butaritari os insulares estaban metidos nunha borracheira que ameazaba a seguridade de Stevenson e a súa familia. Stevenson adoptou a estratexia de describirse a si mesmo como o fillo da raíña Vitoria co fin de asegurarse de que sería tratado como unha persoa que non debe ser ameazada ou prexudicada.

Segunda guerra mundial

editar
 
Un monumento á guerra na vila Ukiangang, Butaritari

O 10 de decembro de 1941, tres días despois do ataque a Pearl Harbor, tropas xaponesas, chegaron a Butaritari, entón coñecido como "Makin", e o ocuparon sen resistencia.

O atol Butaritari foi o escenario da Makin Raid en agosto de 1942, como unha finta para atraer a atención xaponesa fora da ruta planeada invasión a través das Illas Salomón. Mentres que aniquilaron a guarnición local, fracasaron nos seus obxectivos iniciais de capturar prisioneiros e a recompilar información.

Invasión estadounidense

editar
Artigo principal: Batalla de Makin.
Véxase tamén: Ukiangong Point.

Na véspera da invasión, a guarnición xaponesa consistía en 806 homes. A maioría tiñan pouco ou nada de adestramento de combate e non tiñan armas asignadas para unha batalla, o número de tropas de combate adestrados en Makin era non máis de 300 soldados. A guarnición tamén incluía tres tanques e tres canóns antitanque de 37 mm.

As defensas terrestres de Butaritari centráronse na costa da lagoa, preto da base aérea na parte central da illa. Estableceron unha serie de puntos fortes ao longo do lado do océano de Butaritari porque os xaponeses esperaban que a invasión viría de alí, seguindo o exemplo da batalla a principios de 1942. Sen avións, barcos, ou a esperanza de reforzo ou de socorro, os defensores superados en número e armamento só podían aspirar a atrasar o ataque estadounidense o tempo que fora posible.

As operacións aéreas estadounidenses comezaron o 13 de novembro de 1943, seguido polo bombardeo dos buques de apoio. As tropas comezaron a baixar a terra o 20 de novembro, e as tropas atacantes eliminaron os puntos fortes fortificados, un por un. Malia a súa gran superioridade en homes e armas, os americanos tiveron considerables dificultades para someter a pequena forza defensiva da illa. O 23 de novembro, o comandante da forza informou "Makin tomada."

Visitar Butaritari

editar

Butaritari está servido por un servizo aéreo dúas veces por semana con conexión cas veciñas Illas Makin e á capital, Tarawa, proporcionada por Air Kiribati. A pista do Aeroporto de Butaritari foi construída orixinalmente como base da segunda guerra mundial. Un servizo aéreo internacional cun percorrido de Atol Tarawa-Butaritari-Majuro funcionou durante un curto período en 1995. O obxectivo era facilitar o desenvolvemento comercial, a economía da illa e o enlace das Illas Marshall con Kiribati. Por desgraza, coa desaparición de Air Nauru en 2008, a única conexión aérea internacional que queda é a través de Tarawa, á que está conectado dúas veces por semana. Air Pacific de voo con Fidxi.

Hai tres casas de hóspedes en Butaritari, proporcionando un nivel básico de aloxamento destinado principalmente a persoal do Goberno e dos visitantes, aínda que os turistas tamén son benvidos.[6]

  1. "Kiribati Census Report 2010 Volume 1" (PDF). National Statistics Office, Ministry of Finance and Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2014. Consultado o 17 March 2013. 
  2. "Butaritari Island Report". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  3. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espiritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.
  4. "Visitor information, Butaritari" (PDF). Government of Kiribati. [Ligazón morta]
  5. In the South Seas (1896) & (1900) Chatto & Windus; republished by The Hogarth Press (1987), Part IV
  6. "Outer Islands Accommodation Guide". Kiribati Tourism, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar