Choncha Bonet

pintora galega
(Redirección desde «Asunción Bonet Correa»)

María Asunción Bonet Correa, máis coñecida como Choncha Bonet, nada na Coruña o 22 de abril de 1922 e finada en San Miguel de Neira de Rei (Baralla)[Cómpre referencia] o 9 de setembro de 2011[1], foi unha pintora galega.

Modelo:BiografíaChoncha Bonet
Biografía
Nacemento22 de abril de 1922 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
San Miguel de Neira de Rei, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiAsunción Correa Calderón Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Bonet Correa Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi a primoxénita, de catro irmáns (José, Antonio e Jesús Santiago), filla de José Bonet Peñalver, militar e pintor afeccionado, e de Asunción Correa Calderón, escritora. Expuxo por primeira vez no Círculo de Belas Artes de Lugo en 1954. Pasou temporadas en Madrid, Roma e París. Expuxo no Galerías de Arte de Madrid, Círculo de Belas Artes de Madrid e no Concello da Coruña. Doou varias obras a favor da ONG católica española Manos Unidas, da Asociación Vía María (infancia) e da ONG Nuevo Futuro.[2]

Teñen obra súa o Concello da Coruña, o Museo Provincial de Lugo e varias coleccións particulares.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar