Asociación de estudantes

tipo de organización de estudantes

A asociación de alumnos tamén se denomina consello estudantil, goberno estudantil, senado estudantil ou gremio dos estudantes segundo os niveis educativos e os países. É unha organización de estudantes que se xera nun centro educativo: escola, colexio, instituto ou universidade. Dedícase a representar e defender os dereitos do alumnado, así como a organizar actividades sociais e culturais para os estudantes ou facilitar apoio académico aos estudantes.

Grupo de estudantes xóvenes.
A asociación de estudantes ten diversas acepcións a nivel internacional.

Finalidade editar

As asociacións de alumnos son manexadas por estudantes para os estudantes, independentemente das autoridades que teña a institución educativa. Algunhas veces, teñen só alcance local, pero tamén se agrupan en organizacións nacionais, estatais ou internacionais. Son tamén responsábeis de prover unha gran variedade de servizos aos estudantes, quen poden formar parte delas libremente ou participar sen máis nas actividades que organicen.

Variacións por país editar

Colombia editar

O goberno estudantil é un espazo real de formación para a democracia, que se evidencia na posibilidade dos estudantes para elixir e ser elixidos, representar os intereses da súa comunidade e desenvolver a súa capacidade de liderado político na institución e o seu contorno local.[1]

Estados Unidos editar

Nos Estados Unidos, a asociación de estudantes moitas veces só se refire a un edificio físico propiedade da universidade co fin de proporcionar servizos para os estudantes sen un órgano de goberno. Tamén se coñece como un centro de actividades estudantís (ou comunmente como campus).[2][3][4]

España editar

En España, as asociacións de estudantes son órganos formados por 3 ou máis estudantes desde os 14 anos que realizan actividades socioculturais, preocupacións e propostas dos estudantes e en representalos nos órganos de goberno como Consello Escolar do Estado (España), Consello da Mocidade de España ou a plataforma da infancia entre outros. Estas organizacións considéranse asociacións ou Organización sen ánimo de lucro. Atopamos varias organizacións en distintos niveis. A nivel de comunidade autónoma, podemos atopar organizacións como FAAVEM, FEMAE, UDECA. A nivel estatal, está CANAE (confederación estatal de asociacións de estudantes).

Xapón editar

No Xapón, o alumnado chámase gakusei-jichi-kai (学生自治会?)). En xaponés, a palabra significa auto-goberno-organización de estudantes. O corpo de estudantes no Xapón promove actividades extracurriculares. Polo xeral, unha asociación cultural, Bunka-kai (文化会?)), e unha asociación deportiva, Taiiku-kai (体育会?)), están incluídas dentro dun corpo de estudantes como organizacións autónomas. Un estudante pode pertencer a unha ou máis organizacións de estudantes e pode participar nas actividades extracurriculares das organizacións estudantís. Con todo, as actividades extracurriculares das universidades e colexios foron diminuíndo desde a década de 1990.[5]

Tipoloxía de alumnado editar

Os diversos tipos de alumnado tamén teñen unha participación diversa nas asociacións.

Artigo principal: Alumnado.

Referencias editar

  1. mineducación.gov.co. "¿Qué es el Gobierno Escolar?". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  2. Merriam Dictionary. "student union" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  3. Vocabulary.com. "student union" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  4. Dictionary.com. "student union" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  5. 黃新宪 (1996). 基督敎敎育与中国社会变迁 (en chino). pp. 271–278. Consultado o 17 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

[[Categoría:Organizacións]] [[Categoría:Alumnos]]