Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao

asociación galega

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao foi fundada en 1979 co gallo de defender os intereses das empresas situadas no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e proporcionarlles servizos para mellorar a súa competitividade. Ten en torno a 230 entidades asociadas ás que lles ofrece servizos diversos como a vixilancia, extinción de incendios, hixienización de zonas comúns, proxecto de humanización, servizo de primeira intervención, servizo de seguridade e televixilancia, mapa de riscos, punto de descanso do peregrino, área de recreo con senda verde, corredor verde, centro verde, planos cartográficos, directorio empresarial, sinalización nas rúas da área industrial, formación profesional e para a inserción laboral, prevención de riscos laborais, medio ambiente, comercio exterior, etc.[1]

Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao
Logo
Tipoasociación empresarial
PropósitoDefensa dos intereses das empresas situadas no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense)
Campo de traballoEconomía
Data de fundación1979
Fundador(es)Empresarios e empresarias do polígono
Eventos/ActividadesActividades facilitadoras e promotoras das empresas do polígono
Organización relacionadaPolígono Industrial de San Cibrao das Viñas
EnderezoRúa Ricardo Martín Esperanza s/n - Edificio Multiusos, Polígono San Cibrao, 32901
PaísGalicia
Na rede
https://www.poligonosancibrao.com/ e https://www.poligonosancibrao.com/gl
Facebook: AEPISanCibrao Twitter: AEPI_San_Cibrao LinkedIn: asociaci-n-de-empresarios-pol-gono-san-cibrao Youtube: UC34E9ZFmzc3z-FYhPEwsN_A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao fundouse no ano 1979 co nome de Asociación de Propietarios de Parcelas do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas co gallo de defender os intereses xerais das empresas do polígono ante a administración e promover servizos básicos e infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das súas actividades.

No ano 1983, as oficinas iniciais situadas da praza Paz Nóvoa (Ourense) trasladáronse aos locais da Caixa de Aforros de Ourense no propio polígono posibilitando a oferta de servizos como o estanco, a oficina de correo, a cafetaría e a seguridade que se ampliarían posteriormente[2].

Servizos editar

A asociación desenvolve actividades variadas[3]:

  • Servizo de televixilancia: Cámaras de seguridade por todo o polígono.
  • Servizo de vixilancia: Servizo de seguridade privada.
  • Bombeiros: Brigada permanente no propio polígono.
  • Hixienización: Control de pragas e controis periódicos nas zonas comúns do polígono.
  • Dispoñibilidade de instalacións e recursos: Salas de reunións, salón de actos con capacidade para 150 persoas, aulas de formación, sala de informática, taller de formación en soldadura e maquinaria industrial, equipos audiovisuais e despachos para reunións e entrevistas.
  • Humanización: Brigada de mantemento para a limpeza das vías e espazos comúns do polígono. Rehabilitación das zonas verdes. Plantación de árbores. Zona de descanso para peregrinos[4]. Corredor verde. Mobiliario biosaudábel.
 
Monólito da área de descanso dos peregrinos e peregrinas en San Cibrao das Viñas.
  • Sinalización: Indicadores e sinalización das empresas asociadas polas rúas do polígono.
  • Plano cartográfico: Información detallada actualizada das empresas asociadas e os seus contactos[5].
  • Xestións administrativas: Asesoramento especializado sobre empresas do polígono e mediación coas administracións para a reparación e o mantemento de bens e servizos de uso público.
  • Formación: Formación especializada e equipada. Plan de formación preventiva. Centro homologado pola Xunta de Galicia para a formación de persoas desempregadas. Accións formativas dirixidas ao empresarial, directivo e traballador.
  • Promoción: Encontros empresariais e entrevistas sectoriais. Publicidade.
  • Xestión da asociación: Asemblea Xeral, actividades internas e visitas ao polígono.
  • Páxina Web: Directorio empresarial dixitalizado[6]. Comunicación a través de correo electrónico. Información sobre os servizos e noticias da zona industrial.
  • Información para as persoas asociadas: Prensa diaria, concursos públicos, axudas e subvencións, información de interese empresarial, e novas empresas de alta.
  • Redes sociais: Facebook, Twitter, Linkedin, YouTube e WhatsApp.
  • Difusión: Difusión de servizos e noticias. Actividades relacionadas coas empresas asociadas.
  • Convenios de colaboración: Sinatura de convenios para ofrecer vantaxes na adquisición de produtos ou servizos.
  • Emprego: Axencia de colocación. Mediación laboral. Base de datos de perfís profesionais. Orientación laboral e procura de emprego.
  • Gabinetes especializados: Prevención de riscos laborais. Comercio internacional. Medio ambiente. Comunicación.

Premios recibidos editar

A asociación ten recibido diversos premios pola súa actividade e logros[7]:

  • Premio Nacional 2009 á labor informativa en Prevención de Riscos Laborais pola Fundación PRL.
  • Premio Nacional 2012 á entidade destacada en PRL pola Revista Formación de Seguridade Laboral[8].
  • Premio Nacional 2020 na categoría PYME pola Mutua Universal.

Notas editar

  1. "Quen somos". AEPI. Consultado o 2022-08-29. 
  2. "Historia". AEPI. Consultado o 2022-08-29. 
  3. "Servizos". AEPI. Consultado o 2022-08-29. 
  4. O Camiño de Santiago cruza o polígono pola rúa 3 desde A Castellana e saíndo pola rúa 1 para Ponte Noalla.
  5. "Plano de cartográfico do Polígono Industrial de San Cibrao" (PDF). Descarga do plano de cartográfico do Polígono Industrial de San Cibrao. Consultado o 30/08/2022. 
  6. "Directorio de empresas". AEPI. Consultado o 2022-08-29. 
  7. "Quen somos". AEPI. Consultado o 2022-08-29. 
  8. "Trofeos FSL: Premiados". www.borrmart.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar