Asociación de Electores de Schleswig Meridional
A Asociación de Electores de Schleswig Merdional (en alemán Südschleswigscher Wählerverband, abreviado SSW; en dinamarqués Sydslesvigsk Vælgerforening; e en frisón setentrional Söödschlaswiksche Wäälerferbånd) é o partido político alemán da minoría dinamarquesa e frisoa en Schleswig-Holstein. A SSW intégrase no partido político europeo da Alianza Libre Europea.
Asociación de Electores de Schleswig Meridional (SSW) Südschleswigscher Wählerverband | |
---|---|
Partido da minoría danesa e frisoa en Schelwig-Holstein | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Flemming Meyer |
Mocidades | Jugend im SSW |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
Historia | |
Fundación | 1948 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Rexionalismo |
Representación | |
Bundestag | 1 / 736 |
Landtag de Schleswig-Holstein | 3 / 69 |
Outros datos | |
Sede | SSW-Landesverband Schiffbrücke 42 , Alemaña |
Na rede | |
http://www.ssw.de | |
Ideoloxía
editarA SSW naceu para a representación e defensa dos intereses das minorías culturais de lingua frisoa e danesa de Schleswig-Holstein, rexeita integrarse no eixo esquerda-dereita aínda que se di inspirado no modelo nórdico no relativo ás políticas culturais, medioambientais, benestar e ensino.[1] Na década de 1950 o partido incorporou nos seus documentos programáticos o dereito de autoderminación e á autonomía política,[2] na actualidade insiste na descentralización a nivel local e é un exemplo de partido representante dunha minoría integrada no sistema político do Estado que a alberga.[3][4]
Traxectoria
editarO partido fundouse en 1948 baixo o patrocinio das autoridades militares británicas co albo de representar á colectividade dinamarquesesa residente no sur de Schleswig, os frisóns incorporáronse á formación unha vez creada. Ten o seu antecedente na Liga de Schleswig creada na década de 1920 e que defendía un referendo para anexionar a rexión de Flensburgo a Dinamarca, tal e como sucedera co norte de Schleswig logo do Tratado de Versalles.
Durante a primeira lexislatura do Bundestag da República Federal Alemá (1949-1953) o partido mantivo un deputado en Bonn. Con todo, o establecemento da barreira electoral do 5% dos votos para conseguir escano nos lexislativos, aprobado en 1950, supuxo que o partido perdese a súa representación federal en 1953 e no Landtag de Schleswig-Holstein. Posteriormente, as Declaracións de Bonn-Copenhague en 1955, permitiron excluír á SSW, como representante dunha minoría cultural, da barreira do 5% para obter representación.[5] Isto permitiu que o partido volvese ao parlamento de Schleswig-Holstein en 1958 sen perder nunca a representación. A partir da década de 1960 o partido coñeceu unha mingua de apoios, caendo a menos do 1,5% dos votos, se ben dende principios do século XXI gañou novos apoios permitíndolle superar o 3% e o 4% nas eleccións de Schleswig-Holstein. Aínda que a SSW deu apoio parlamentario a varios gobernos do seu Estado federado, en 2012 incorporáronse a unha coalición de goberno canda o SPD e Os Verdes, que se mantivo ata 2017.[6] Doutra parte, en 1961 optou por non participar nas eleccións ao Bundestag, unha decisión que foi revisada en 2020, cando se decidiu concorrer ás eleccións federais de 2021,[7] nas que logrou que Stefan Seidler fose electo.[8]
Notas
editar- ↑ "About SSW". ssw.de.
- ↑ Fisher, S. L. (2012-12-06). The Minor Parties of the Federal Republic of Germany: Toward a Comparative Theory of Minor Parties (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-94-010-2079-4.
- ↑ Sakwa, Richard; Stevens, Anne (2012-03-28). Contemporary Europe (en inglés). Macmillan International Higher Education. ISBN 978-0-230-36719-7.
- ↑ EFE (2018-05-29). "Schleswig-Holstein, un modelo de convivencia entre las minorías". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-27.
- ↑ "Bonn-Copenhagen Declarations". miris.eurac.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2021.
- ↑ Pergande, Frank; Kiel. "Schleswig-Holstein: SPD, Grüne und SSW einigen sich auf Koalitionsvertrag". FAZ.NET (en alemán). ISSN 0174-4909. Consultado o 2021-09-27.
- ↑ "EFA member SSW wants to give a voice to the North in German Federal Parliament". EFA - European Free Alliance (en inglés). 2020-09-21. Consultado o 2021-09-27.
- ↑ NDR. "SSW: 55.330 Stimmen und ein Sitz im Bundestag". www.ndr.de (en alemán). Consultado o 2021-09-27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asociación de Electores de Schleswig Meridional |