Stefan Seidler, nado en Flensburgo en 1979, é un político alemán pertencente á minoría dinamarquesa de Schleswig-Holstein. En 2021 foi electo deputado federal no Bundestag pola Asociación de Electores de Schleswig Meriodional (SSW), o partido que representa os intereses poboación dinamarquesa e frisoa de Alemaña.[1]

Infotaula de personaStefan Seidler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Flensburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Membro do Bundestag
26 de outubro de 2021 –
Lexislatura: 20th German Bundestag (en) Traducir

Circunscrición electoral: Q109290701 Traducir

Datos persoais
ResidenciaAarhus (2001–)
Vejle (pt) Traducir
Flensburgo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Aarhus
Duborg-Skolen (en) Traducir
Gustav-Johannsen-Skolen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , consultor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDinamarca do Sul (pt) Traducir (–2014) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAsociación de Electores de Schleswig Meridional
Radikale Venstre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata

Páxina webstefan-seidler.info Editar o valor em Wikidata
Facebook: stefan.seidler1 Twitter: stefan_seidler Instagram: stefan.seidler.ssw LinkedIn: stefanseidler Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en 1979 en Flensburgo, Alemaña, os seus pais eran de orixe dinamarquesa adicábanse á docencia e á venda de madeira.[2] Despois de completar a súa educación secundaria na escola local de lingua dinamarquesa, estudou na Universidade de Aarhus en Aarhus, Dinamarca, onde cursou ciencias políticas e comunicación política.[3][4] É membro da Asociación de Avogados e Economistas de Dinamarca.[5] Stefan Seidler está casado e ten dúas fillas.[3]

Seidler participou en movementos políticos tanto en Dinamarca coma en Alemaña. En Aarhus, tivo responsabilidades á fronte de Radikal Ungdom, a de xuventude do Partido Liberal Social, e máis tarde foi candidato dese partido para o parlamento dinamarqués e o Parlamento europeo.[6] Tamén foi concelleiro en Flensburgo, e en 2014, foi nomeado coordinador das relacións co goberno de Dinamarca de Schleswig-Holstein.[3]

Para as eleccións parlamentarias federais de setembro de 2021, disputou a circunscrición electoral de Flensburgo – Schleswig, para o SSW. Con todo, resultou electo o candidato da Alianza 90/Os Verdes, mais gañou un escano na lista estatal do partido sendo o primeiro deputado da Asociación de Electores de Schleswig Meridional dende 1953.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Diario, Nós. "O partido da minoría danesa e frisoa volve ao parlamento alemán 70 anos despois". Nós Diario. Consultado o 2021-10-07. 
  2. "Hjem". stefan-seidler.info. Consultado o 2021-10-07. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Stefan Seidler". ssw.de. 
  4. "Vejlenser valgt til det tyske parlament - den nyvalgte Stefan Seidler bor i Grønnedalen". vafo.dk (en dinamarqués). 2021-09-27. Consultado o 2021-10-07. 
  5. "Stefan Seidler". ssw.de. 
  6. "TIDLIGERE DUBORG-STUDENT ER POLITISK BINDELED MELLEM SLESVIG-HOLSTEN OG DANMARK". skoleforeningen.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 07 de outubro de 2021.