Asociación de Electores de Schleswig Meridional

A Asociación de Electores de Schleswig Merdional (en alemán Südschleswigscher Wählerverband, abreviado SSW; en dinamarqués Sydslesvigsk Vælgerforening; e en frisón setentrional Söödschlaswiksche Wäälerferbånd) é o partido político alemán da minoría dinamarquesa e frisoa en Schleswig-Holstein. A SSW intégrase no partido político europeo da Alianza Libre Europea.

Asociación de Electores de Schleswig Meridional (SSW)
Südschleswigscher Wählerverband
Partido da minoría danesa e frisoa en Schelwig-Holstein
Dirixentes e organización
LíderFlemming Meyer
MocidadesJugend im SSW
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación1948
Posicións políticas
IdeoloxíaRexionalismo
Representación
Bundestag
1 / 736
Landtag de Schleswig-Holstein
3 / 69
Outros datos
SedeSSW-Landesverband

Schiffbrücke 42

D-24939. Flensburgo
, Alemaña
Na rede
http://www.ssw.de
Twitter: SSWpresse Editar o valor em Wikidata

Ideoloxía editar

A SSW naceu para a representación e defensa dos intereses das minorías culturais de lingua frisoa e danesa de Schleswig-Holstein, rexeita integrarse no eixo esquerda-dereita aínda que se di inspirado no modelo nórdico no relativo ás políticas culturais, medioambientais, benestar e ensino.[1] Na década de 1950 o partido incorporou nos seus documentos programáticos o dereito de autoderminación e á autonomía política,[2] na actualidade insiste na descentralización a nivel local e é un exemplo de partido representante dunha minoría integrada no sistema político do Estado que a alberga.[3][4]

Traxectoria editar

O partido fundouse en 1948 baixo o patrocinio das autoridades militares británicas co albo de representar á colectividade dinamarquesesa residente no sur de Schleswig, os frisóns incorporáronse á formación unha vez creada. Ten o seu antecedente na Liga de Schleswig creada na década de 1920 e que defendía un referendo para anexionar a rexión de Flensburgo a Dinamarca, tal e como sucedera co norte de Schleswig logo do Tratado de Versalles.

Durante a primeira lexislatura do Bundestag da República Federal Alemá (1949-1953) o partido mantivo un deputado en Bonn. Con todo, o establecemento da barreira electoral do 5% dos votos para conseguir escano nos lexislativos, aprobado en 1950, supuxo que o partido perdese a súa representación federal en 1953 e no Landtag de Schleswig-Holstein. Posteriormente, as Declaracións de Bonn-Copenhague en 1955, permitiron excluír á SSW, como representante dunha minoría cultural, da barreira do 5% para obter representación.[5] Isto permitiu que o partido volvese ao parlamento de Schleswig-Holstein en 1958 sen perder nunca a representación. A partir da década de 1960 o partido coñeceu unha mingua de apoios, caendo a menos do 1,5% dos votos, se ben dende principios do século XXI gañou novos apoios permitíndolle superar o 3% e o 4% nas eleccións de Schleswig-Holstein. Aínda que a SSW deu apoio parlamentario a varios gobernos do seu Estado federado, en 2012 incorporáronse a unha coalición de goberno canda o SPD e Os Verdes, que se mantivo ata 2017.[6] Doutra parte, en 1961 optou por non participar nas eleccións ao Bundestag, unha decisión que foi revisada en 2020, cando se decidiu concorrer ás eleccións federais de 2021,[7] nas que logrou que Stefan Seidler fose electo.[8]

Notas editar

  1. "About SSW". ssw.de. 
  2. Fisher, S. L. (2012-12-06). The Minor Parties of the Federal Republic of Germany: Toward a Comparative Theory of Minor Parties (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-94-010-2079-4. 
  3. Sakwa, Richard; Stevens, Anne (2012-03-28). Contemporary Europe (en inglés). Macmillan International Higher Education. ISBN 978-0-230-36719-7. 
  4. EFE (2018-05-29). "Schleswig-Holstein, un modelo de convivencia entre las minorías". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-27. 
  5. "Bonn-Copenhagen Declarations". miris.eurac.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  6. Pergande, Frank; Kiel. "Schleswig-Holstein: SPD, Grüne und SSW einigen sich auf Koalitionsvertrag". FAZ.NET (en alemán). ISSN 0174-4909. Consultado o 2021-09-27. 
  7. "EFA member SSW wants to give a voice to the North in German Federal Parliament". EFA - European Free Alliance (en inglés). 2020-09-21. Consultado o 2021-09-27. 
  8. NDR. "SSW: 55.330 Stimmen und ein Sitz im Bundestag". www.ndr.de (en alemán). Consultado o 2021-09-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar