Asma Mohamed Abdallá

diplomática sudanesa

Asma Abdallá ou Asma Mohamed Abdallá (tamén coñecida como: Asmaa, Abdallah, Abdullah; en árabe: أسماء محمد عبدالله ), nada en Khartún en 1946, é unha diplomática sudanesa.[1][2][3] Desde o 8 de setembro de 2019 é a ministra de Asuntos Exteriores do Sudán no gabinete do primeiro ministro Abdalla Hamdok, durante a transición sudanesa de 2019 á democracia. É a primeira muller en asumir o posto de Ministra de Exteriores na historia do Sudán.

Infotaula de personaAsma Mohamed Abdallá

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) أسماء محمد عبدالله Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Khartún Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
8 de setembro de 2019 – 9 de xullo de 2020
Ministra de Relacións Exteriores
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSudán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cartum (pt) Traducir
Universidade de Syracuse Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , diplomática , funcionaria pública Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Abdalla naceu en Khartún en 1946. Estudou Economía e Ciencias Políticas na Universidade de Khartún e tras graduarse en 1971 foi unha das tres mulleres pioneiras en incorporarse como embaixadoras no Ministerio de Asuntos Exteriores xunto a Fatima Albeeli e Zainab Abdlkareem.[4][5] Ten tamén unha mestría en relacións internacionais pola Universidade de Siracusa.

Representou ao seu país en diversos foros africanos e europeos incluídas as misións diplomáticas sudanesas en Estocolmo, Oslo e Rabat.[5] En 1990 tralo golpe de estado sudanés de 1989 que levou a Omar al-Bashir ao poder, foi despedida do seu cargo como Ministra Plenipotenciaria e Subdirectora do departamento das Américas do Ministerio de Asuntos Exteriores.[6][4]

Foi perseguida e hostigada polo réxime de Bashir e exiliouse a Marrocos onde traballou na secretaría da organización Árabe para a defensa contra o crime en Rabat, despois na secretaría xeral dos ministros de traballo árabes en Rabat e na Organización Islámica para a Educación, a Ciencia e a Cultura (ISESCO).[5] Nos últimos anos do goberno da al-Bashir regresou a Sudán e creou unha oficina de tradución con varios diplomáticos que foran tamén despedidos.[4]

2018-19 protestas sudanesas editar

Durante as protestas no Sudán de 2018-19, Abdallá uniuse ás Forzas da Liberdade e o Cambio (FFC) aproveitando a súa experiencia no traballo diplomático para o movemento revolucionario do país participando no Grupo de Traballo de Política Exterior. Promoveu as demandas do movemento popular en diversos foros internacionais.[4]

Ministra de Asuntos Exteriores editar

Abdallá non estaba na lista inicial de candidatos a carteiras ministeriais, con todo o primeiro ministro Abdalla Hamdok preferiuna a outros candidatos polo seu papel na oposición ao goberno de al-Bashir, o seu apoio ás protestas reclamando un cambio político e a súa experiencia diplomática. Abdallá converteuse así na primeira muller ministra de Asuntos Exteriores do Sudán o 8 de setembro de 2019 no Gabinete de Transición da transición sudanesa de 2019 á democracia.[2] No mundo árabe é a terceira ministra de Asuntos Exteriores, precedida por dúas ministras de Mauritania.[4]

Entre os seus obxectivos prioritarios de traballo como ministra ten o reto de levantar as sancións dos Estados Unidos sobre Sudán pola crise de Darfur e por acoller durante un tempo ao líder de Al Qaeda Osama Bin Laden.[4]

Outras tres mulleres forman parte do primeiro gabinete de transición: a activista Wala'a Essam al-Boushi, Ministra de Mocidade e Deportes, Lena el-Sheikh Ministra de Traballo e Desenvolvemento Social e a profesora de arqueoloxía Intisar el-Zein, Ministra de Educación Superior.[2]

Notas editar