Les Très Riches Heures du duc de Berry

libro de horas do século XV
(Redirección desde «As moi Ricas Horas do Duque de Berry»)

Les Très Riches Heures du duc de Berry (As moi ricas horas do duque de Berry) é un libro de horas que o duque Xoán I de Berry encargou aos Irmáns Paul, Jean e Herman de Limbourg, mais que non foi acabado até despois da súa morte. O manuscrito está conservado no Museo Condé de Chantilly (Francia).

Les Très Riches Heures du duc de Berry
OrixeFrancia
Lingualingua latina
editar datos en Wikidata ]
Les Très Riches heures du duc de Berry: O mes de setembro.

É probabelmente o manuscrito ilustrado máis importante do século XV. Contén máis de 200 folios, dos cales máis da metade conteñen ilustracións a toda páxina.

Foi pintado entre 1412 e 1416 polos Irmáns de Limbourg, que o deixaron inacabado á súa morte, que coincidiu coa do duque en 1416. Jean Colombe acabou as ilustracións entre 1485 e 1489 para Charles I de Savoia.[1]

Contén, entre outras, unha ilustración extraordinaria da Ascensión de Cristo.

Notas editar

  1. "Tres-Riches-Heures-du-Duc-de-Berry" (PDF). resources.saylor.org. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar