Livro de Horas de D. Manuel
manuscrito iluminado portugués do século XVI
O Livro de Horas de D. Manuel é un dos manuscritos iluminados máis importantes producidos en Portugal no século XVI.
Livro de Horas de D. Manuel | |
---|---|
Libro de Horas chamado Dom Manuel. Calendario. mes de abril (folio 9v) | |
Autor/a | António de Holanda |
Lingua | lingua portuguesa |
Data de pub. | século XVI |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarFoi decorado en parte por António de Holanda, entre o c. 1517 e c. 1538 e está dedicado a D. Manuel I, do que se inclúen exequias nunha das páxinas.[1] Ten 303 follas de pergamiño e 58 iluminacións a toda páxina. Consérvase no Museu Nacional de Arte Antiga, en Lisboa.[2]
Os folios iniciais (1 a 4) presentan as instrucións en portugués para coñecer a Letra dominical e o número áureo nos calendarios que permitirán coñecer as datas das festas móbiles asociadas á Semana Santa, cuxa táboa se presenta no folio 24. Nos folios 5 a 23 está o calendario litúrxico en latín, cunha iluminación ao comezo de cada mes.
Notas
editar- ↑ fan_of_the_pikachu (2020-06-15). "Livro de horas de D. Manuel I, um dos mais importantes manuscritos iluminados da nossa história (1517-1538). Esta página mostra uma cena de rua de Lisboa (identifica-se a Rua Nova dos Mercadores, à direita) e o ritual fúnebre da quebra dos escudos, realizado quatro dias depois da morte de um rei". r/HistoriaEmPortugues. Consultado o 2022-02-11.
- ↑ "Livro de Horas dito de Dom Manuel". Museu de Arte Antiga (páxina oficial).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Livro de Horas de D. Manuel, Lisboa, estudo introdutório. Prensa Nacional - Casa da Moeda, 1983, Colección Presenças da imagem.
Outros artigos
editar- Metón
- Ciclo metónico
- Iluminación
- Manuscrito
- Ano trópico
- Libro de horas
- Libro de horas da raíña María de Navarra
- Renacemento portugués
Ligazóns externas
editar- Libro de Horas de D. Manuel. Arquivado 24 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Proxecto Memoria: Pedro Álvares Cabral Arquivado 24 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Carlos Kullberg. Selos de Portugal, Álbum VI