As Ventelas, Lebozán, Beariz
Coordenadas: 42°29′58″N 8°15′25″O / 42.499444444444, -8.257
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As Ventelas é un lugar da parroquia de Lebozán, pertence ao concello de Beariz, da comarca do Carballiño (provincia de Ourense). No ano 2008 tiña dezasete habitantes (dez homes e sete mulleres).
As Ventelas | |
---|---|
![]() As Ventelas. | |
Parroquia | Lebozán |
Concello | Beariz |
Poboación | 18 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O lugar das Ventelas linda ao norte coa estrada nacional N-541, que é a súa principal vía de comunicación, e a aldea das Antas, que pertence tamém a Beariz. Situada entre a serra do Cando e a serra do Candán, nunha das ladeiras do monte Marcofán, pertence á histórica comarca de Tabeirós - Terra de Montes. O rueiro das Ventelas confórmao unha única rúa.
Probabelmente o seu nome teña que ver co feito de que é unha zona na que ventea moito duranto todo o ano.[Cómpre referencia]
PatrimonioEditar
Patrimonio materialEditar
A necrópole megalítica da Bola está formada por dúas mámoas. No conxunto da Chancela hai varios petróglifos. Na eira hai varios horreos pertencentes a distintas familias, construídos na súa maioría en lousa. Hai tamén un muíño de herdeiros, restaurado, na estrada cara a Lebozán.
Hai unha abellariza nunha ladeira da parte mais moderna do lugar.
Cultura popularEditar
Hai un refrán que predí o tempo que vai facer ao día seguinte: "Rubio cara ao mar, vellos a solar, rubio cara a Ribeira, vellos na paneira".
No disco I é verdade, i é mentira do grupo Leilía, aparece a peza "Palabra de casamento".
Camiño de SantiagoEditar
A sexta etapa do Camiño Miñoto Ribeiro[1], discorre polos montes das Ventelas.
Patrimonio naturalEditar
Hai unha gran variedade de fauna nos montes que rodean á aldea, mas no mesmo lugar non é estraño ver ou escoitar diferentes especies de aves, nocturnas ou diúrnas. A avifauna é variada, e habitualmente escóitase o gaio, o corvo, o pico verde, o cuco, o estorniño, a lavandeira branca, a avenoiteira, a avelaiona, os miñatos... Tamén hai mamíferos, e aínda que a súa presenza é máis habitual a última hora da tarde ou a primeira hora da mañá, hai corzos, cabalos e vacas bravas, xabarís, raposos ou teixugos. Entre os anfibios e réptiles están as salamandras, a víbora seoane, o lagarto das silvas... Entre a fauna, hai árbores como carballos, acivros, loureiros, bidueiros, castinheiros. Arbustos coma os toxos. Entre as flores pódese ver xacinto silvestre, tollemerendas...
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- "Historias de Beariz: Ordenanzas Municipales 1899". BadalNovas. 31 de xaneiro de 2021.
- "Eira de As Ventelas". Xoán Arco da Vella. 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Camiño Miñoto Ribeiro: etapa 6: Pazos de Arenteiro - Soutelo de Montes". Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro.