As Maus de Salas, Muíños
parroquia civil do concello de Muíños
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Maus.
Santa Baia das Maus de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 34 habitantes, dos cales 20 eran homes e 14 mulleres.
As Maus de Salas | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Muíños[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°56′09″N 7°55′30″O / 41.935822744934, -7.9250319695163Coordenadas: 41°56′09″N 7°55′30″O / 41.935822744934, -7.9250319695163 |
Área | 7,5 km² |
Poboación | 34 hab. (2020) |
Densidade | 4,53 hab./km² |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Topónimo
editarA orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII[2].
Outra teoría sobre a orixe do topónimo deriva do feito de que no Antigo Réxime o termo da parroquia foi unha posesión eclesiástica de mans mortas, dependente da encomenda de Quiroga da Orde de San Xoán: o actual Maus derivaría do latín manus.[Cómpre referencia]
As Maus na literatura popular
editar- As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! [3].
Galería de imaxes
editar-
Casiña da Moura no encoro das Maus de Salas.
-
Cruceiro á entrada da aldea.
Lugares e parroquias
editarLugares das Maus de Salas
editarLugares da parroquia das Maus de Salas no concello de Muíños (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Muíños
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47. Santa Baia das Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños.