Castelo dos Novais
O castelo dos Novais é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sequeiros (Quiroga).
Castelo dos Novais | |
---|---|
Concello | Quiroga |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°27′21″N 7°14′37″O / 42.45572, -7.2435 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (alta idade media) |
Estilo actual | ? (En ruínas) |
Estado actual | Abandonado |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarA súa construción iniciouse cara ao século X, aproveitando posiblemente unha fortificación anterior. O castelo aproveita as ladeiras empinadas do monte do Castelo, rodeado dos vales do río do Castelo das Eiras e do río Sil, a carón da estrada N-120.
Na parte exterior conserva os muros, foxos e defensas. No interior mantén a torre da homenaxe, a parte máis antiga do conxunto. Ten planta cadrada, cunha porta con bóveda de medio punto cara ao sur. Esta porta é de pedra cabaleira, dunha cor loura intensa por mor do alto nivel de oxidación do ferro que contén. O pazo, do século XI, é de planta trapezoidal e foi construído polos Cabaleiros de San Xoán de Malta. Na entrada, tamén de arco de medio punto, hai unha Cruz de Malta gravada. Ten tamén unha ventá aximezada.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Castelo de Torres Novaes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.