Couso de Salas, Muíños
parroquia civil do concello de Muíños
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Couso.
Santiago de Couso de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 147 habitantes, dos cales 75 eran homes e 72 mulleres.
Couso de Salas | |
---|---|
Santuario dos Miragres | |
Concello | Muíños[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°57′42″N 7°55′27″O / 41.96166667, -7.92416667Coordenadas: 41°57′42″N 7°55′27″O / 41.96166667, -7.92416667 |
Área | 6,9 km² |
Poboación | 111 hab. (2017) |
Densidade | 16,09 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, do século XVII, ten unha nave con arco de triunfo sobre pilastras de aceso ao presbiterio e sancristía. O retablo, da mesma época, ten dous corpos, con base con relevos dos Evanxelistas pareados e ático coa Trindade.
O santuario dos Miragres comezou a construírse a inicios do século XIX cunha arquitectura de grandes pretensións, pero ficou sen rematar. No retablo maior, que repousa sobre a figura de dous grandes anxos, destaca a Virxe rodeada de anxos.
Couso de Salas na literatura popular
editar- A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver [2].
Galería de imaxes
editar-
Pía bautismal no santuario dos Miragres.
-
Vista xeral do santuario dos Miragres.
Lugares e parroquias
editarLugares de Couso de Salas
editarLugares da parroquia de Couso de Salas no concello de Muíños (Ourense) | |
---|---|
Calvelo | Cerdedo | Couso de Salas | A Pousa | O Reguego |
Parroquias de Muíños
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños.