Arturo Iglesias Ortega

historiador e arquiveiro galego

Arturo Iglesias Ortega, anteriormente coñecido como Arturo Iglesias Castelao, nado en Essen (Alemaña) o 5 de xullo[1] de 1971[2], é un historiador e arquiveiro galego, especializado na historia do cabido da Catedral de Santiago de Compostela.

Arturo Iglesias Ortega
Arturo Iglesias Ortega en Xixón no 2003.JPG
Nacemento5 de xullo de 1971
 Essen
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador e arquiveiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun asturiano e unha madrileña, viviu en Alemaña ata 1975. Tras residir en Madrid e Xixón, estableceuse en Santiago de Compostela en 1988, en cuxa universidade obtivo a licenciatura na Facultade de Xeografía e Historia en 1994, especializándose en Historia Moderna[1][3]. Doutorouse na mesma universidade no ano 2010 coa tese "El Cabildo Catedralicio de Santiago de Compostela en el siglo XVI: aspectos funcionales y sociológicos de una élite eclesiástica", dirixida pola catedrática Ofelia Rey Castelao, que obtivo a cualificación de sobresaínte cum laude[2][4].

Tras ingresar en 1998 no Arquivo da Catedral de Santiago[3], desenvolvendo o seu traballo como técnico da Área de Documentación Moderna e Contemporánea[5] baixo a dirección do cóengo arquiveiro José María Díaz Fernández, especializouse na historia do cabido compostelán dos séculos XV ao XVIII, temática sobre a que xira a meirande parte da súa obra.

En 1999 obtivo o Premio de investigación "Arquivo da Emigración", outorgado polo Consello da Cultura Galega[2].

No ano 2000 obtivo unha nova licenciatura na mesma facultade na especialidade de Arquivística e Biblioteconomía, e no 2013 desenvolveu estudos de posgraduado de Especialista Universitario en Arquivística pola UNED[3].

No ano 2011 desenvolveu o seu labor docente como profesor interino na Facultade de Xeografía e Historia compostelá[3] na materia de Paleografía.

ObraEditar

Artigos en revistasEditar

Colaboracións en obras colectivasEditar

  • Iglesias Ortega, Arturo (2015). "Los gallegos en la península: emigración urbana y fuentes literarias". Emigración y literatura: historias, experiencias, sentimientos : actas del coloquio internacional, Santiago de Compostela, 13-14 de noviembre de 2014 (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. pp. 15–45. ISBN 978-84-16533-07-7. 

LibrosEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar