Os Artland Dragons son un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Quakenbrück, Baixa Saxonia. O equipo xoga os seus partidos como local no Artland-Arena, pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.[1] Fundado en 1955, entre 2003 e 2015 o equipo participou na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano, conseguindo varias participacións en competicións europeas e un títulos da Copa de Alemaña. Porén, o 3 de maio de 2015, debido a diferentes problemas, o club anunciu a súa renuncia á elite. Ao ano seguinte, o equipo comezou competindo na ProB, a terceira división, ascendendo á ProA en 2017, categoría na que compite actualmente.

Artland Dragons
Información xeral
Liga ProA
Fundación 1955
Historia QTSV Quakenbrück (1955–2003)
Cores                Negro, vermello, branco
Presidente Alemaña Alexander Meilwes
Adestrador Alemaña Tuna Isler
Localización
Cidade Alemaña Quakenbrück, Alemaña
Pavillón Artland-Arena
Capacidade 3 000
Inauguración 25 de marzo de 2021
Campionatos
Copa 1 (2008)
artland-dragons.de

Historia editar

O baloncesto xogouse por vez primeira en Quakenbrück na escola Artland-Gymnasium. A sección de baloncesto do club deportivo QTSV Quakenbrück creouse en 1955. Na década de 1970, o primeiro equipo masculino obtivo o seu primeiro logro ao ascender á segunda división alemá, onde permaneceu tres tempadas. Despois de moito tempo sen grandes éxitos, Günter Kollmann, ex xogador de baloncesto alemán e membro da selección nacional júnior, apoiou ao equipo QTSV como patrocinador principal. O club comezou unha política de formación de novos xogadores nos anos oitenta, colleitando os froitos na seguinte década. En 1994, o equipo ascendeu á 2. Reginalliga, seguido do ascenso á 1. Reginalliga unha tempada despois e o ascenso á 2. Basketball Bundesliga, segunda divisón nacional, unha temporada despois. En 2003 o club consegue o ascenso á máxima categoría, a Basketball Bundesliga, cambiando oficialmente o nome do club a Artland Dragons.

Desde esa temporada 2003−04, os Artland Dragons xogaron na BBL durante moitas temporadas consecutivas, colleitando varios éxitos. Na temporada 2006−07, o equipo logrou acadar o subcampionato despois de finalizar en segunda posición en liga e chegar á final dos polayoffs. A final foi unha derrota por 3−1 contra o primeiro clasificado en liga, o Brose Baskets. A partir da temporada 2007−08, o equipo xogou en competicións europeas durante oito temporadas consecutivas. En maio de 2015, o club anunciou inesperadamente que disolvería o club de baloncesto profesional. Entre os motivos da disolución estaban os problemas de financiamento e orzamento en comparación con outros equipos da BBL.[2] Finalmente, o equipo decide volver comezar na terceira división, a ProB. Na temporada 2018−19 os Dragons regresaron á segunda categoría, a ProA.

Temporadas editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Europa
2000–01 2 2. BBL
2001–02 2 2. BBL
2002–03 2 2. BBL
2003–04 1 Bundesliga
2004–05 1 Bundesliga
2005–06 1 Bundesliga Cuarto lugar
2006–07 1 Bundesliga Subcampións
2007–08 1 Bundesliga Campións 2 ULEB Cup
LR
2008–09 1 Bundesliga 2 Eurocup
LR
2009–10 1 Bundesliga 3 EuroChallenge
LR
2010–11 1 Bundesliga Terceiro lugar 3 EuroChallenge
RC
2011–12 1 Bundesliga Cuartos de final 3 EuroChallenge
CF
2012–13 1 Bundesliga Cuarto lugar 2 Eurocup
LR
2013–14 1 Bundesliga Cuartos de final 2 Eurocup
LR
2014–15 1 Bundesliga 11º 2 Eurocup
LR
2015–16 3 ProB
2016–17 3 ProB
2017–18 3 ProB
2018–19 2 ProA 11º

Títulos editar

Copa de Alemaña

  • Campións (1): 2008

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "Artland Arena". Google Arts & Culture (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  2. Kazda, Leonhard (4 de maio de 2015). "Keine Chance für Basketball" [Sen posibilidade de baloncesto]. Frankfurter Allgemeine (en alemán). Consultado o 11 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar