Artesa

moble para amasar o pan

Unha artesa,[1] tamén denominada maseira,[2] é un moble ou recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.

Artesa.

Amasado do pan editar

 
Amasando a masa na artesa. Victor Gilbert, Pétrin Gravure, en La République Illustrée, 1886.

Empregábase para mesturar a fariña, a auga, o sal e o lévedo, para facer a masa que posteriormente se metería no forno para facer pan.[3] O elemento principal no amasado do pan é o lévedo. Obtíñase a partir da masa anterior. Gardábase un pedazo de masa nunha ola e poñíase a carón do lume, daquela esta fermentaba ou facíase. Ó arrefriar gardábase na artesa. Cando chegaba o día de amasar, tarefa fatigosa, ó mediodía ou pola noitiña, a muller quitaba da ola o lévedo, limpa de codia e balor, depositábaa na artesa engadindo auga e fariña, logo amasábase para finalmente ir ó forno.[4]

Outros usos editar

A mecanización nos obradoiros de panadería e as novas tecnoloxías en fornos de pan relegaron a artesa a un uso decorativo.

Fraseoloxía editar

Refraneiro editar

  • A que come da artesa, non come da mesa.[5]

Poesía editar

No poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", de Follas Novas.

Atopei fariña munda,
Un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa.
Púxenme a Dios alabar.

Recitados editar

Disme que non teño rendas
Para manter a muller:
Teño fariña na artesa,
Amásea se quer comer.[6]

Galería editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para artesa.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maseira.
  3. Pañero Paredes, Armando. "Artesa para amasar". Valdeobispo.net (en castelán). 
  4. "El arte de amasar" (en castelán). Aguilar del Alfambra (Teruel). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. 
  5. Rivas Quintas, Elixio (1978). Frampas, contribución al diccionario gallego. Salamanca: CEME. ISBN 84-7349-019-3. 
  6. Diccionario gallego-castellano. Real Academia Galega. 1913-1928. pp. 238–239. doi:10.32766/rag.9. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar