Artemidoro Aristofanio

Artemidoro Aristofanio ( latín Artemidorus en grego Άρτεμίδωρος), que levaba o alcume de Aristofanio e tamén o de pseudo-Aristofanio, porque era discípulo do famoso Aristófanes de Bizancio en Alexandría foi un gramático grego do século -II.

Infotaula de personaArtemidoro Aristofanio
Actividade
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi contemporáneo de Aristarco de Samotracia. Ateneo di que foi o autor dunha obra titulada περὶ Δωρίδος, cuxo contido non está claro. Tamén cita outra obra, λέξεις ou γλῶσσαι ὀψαρτυτικαί, un dicionario de termos e expresións técnicas empregadas nas receitas de cociña. Suídas tamén fala del[1].

Notas editar

  1. 1.Artemidorus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 373