Arquitectura muisca

Este artigo describe a arquitectura desenvolvida polo pobo muisca. Os muiscas habitaban as terras altas dos Andes centrais de Colombia (no Altiplano Cundiboyacense e a parte suroeste da sabana de Bogotá), sendo unha das catro civilizacións máis importantes de América. Ao contrario das outras tres civilizacións (os aztecas, os maias e os incas), non construíron arquitectura de materiais sólidos. Aínda que tiñan unha desenvolvida agricultura, ourivaría, teas e cerámica, a súa arquitectura era bastante modesta e feita de materiais non permanentes como madeira e arxila.

Réplica de bohíos muiscas.
Os bohíos construíanse lixeiramente elevados sobre a área circundante, como nesta imaxe do Parque Nacional Natural Tayrona.
Estrada no oeste de Cundinamarca.
Templo do Sol en Sogamoso, reconstruído por Eliécer Silva Célis.
Coxíns do Zaque en Hunza; lugar de peregrinación para os muiscas.

A evidencia da arquitectura muisca provén das escavacións arqueolóxicas realizadas a mediados do século XX. Nos últimos anos descubríronse áreas máis grandes que mostran evidencias da arquitectura muisca temperá, sendo a máis grande delas a de Soacha, en Cundinamarca.[1][2] Todas as casas e templos orixinais foron destruídos polos conquistadores españois e substituídos coa arquitectura colonial. A reconstrución dalgunhas casas (bohíos), xunto co máis importante templo na relixión muisca, o Templo do Sol en Sogamoso, foi realizada na segunda metade do século XX.

Entre os estudosos importantes no coñecemento da arquitectura muisca están os arqueólogos modernos Eliécer Silva Celis, Sylvia Broadbent e Carl Henrik Langebaek.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar