Arquidiocese católica latina de Bagdad

A arquidiocese de Bagdad dos latinos (en latín: Archidioecesis Bagdathensis Latinorum) é unha sé da igrexa católica latina, inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2012 contaba con arredor de 1.000 bautizados. O seu arcebispo actual é Jean Benjamin Sleiman.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Bagdad
Archieparchia Babylonensis Latinorum (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°18′N 44°24′L / 33.3, 44.4
Sacerdote11
Monxe13
Monxa171
Parroquia eclesiástica3 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.150.000 (1970) Editar o valor en Wikidata (18,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie438.317 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de agosto de 1848 Editar o valor en Wikidata
CatedralLatin Saint Joseph Cathedral Baghdad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A diocese de Babilonia (ou Bagdad) foi erixida o 6 de setembro de 1632, e comprendía ás catro provincias de Mesopotamia: Bagdad, Basora, Mosul e Emid.

Coa ocupación otomá de Mesopotamia en 1638, a sé foi transferida e unida á de Isfahán, e o bispo estaba representado en Bagdad por un vigairo apostólico coa función de administrador apostólico. Entre 1719 e 1773 os bispos volveron a residir en Bagdad. Dende esta data e durante case cincuenta anos a sé permaneceu vacante, e non foi até 1820 que se puido nomear un bispo latino para a Mesopotamia.

A diocese foi elevada a arquidiocese o 19 de setembro de 1848 coa bula Romanorum Pontificum do papa Pío IX. No século XIX abranguía os territorios de Mesopotamia, Curdistán e Armenia Menor. Nestas terras o arcebispo de Bagdad exercía tamén a función de delegado apostólico; e tamñen durante boa parte do século XVIII exerceu o cargo de administrador apostólico da arquidiocese latina de Isfahán en Persia, e de representante da Santa Sé ante o Patriarcado de Babilonia dos Caldeos.

Territorio

editar

A arquidiocese estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos de rito latino de Iraq, co seu territorio dividido en tres parroquias. A sé arcebispal é a cidade de Bagdad, onde se atopa a catedral de San Xosé.

Episcopoloxio

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar