Arola

especie de molusco
Arola

Arola amosando os sifóns.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Familia: Mactridae
Xénero: Lutraria
Especie: L. lutraria
Nome binomial
'Lutraria lutraria'
(Linnaeus, 1758) [1]
Sinonimia
  • Chama magna da Costa, 1778
  • Lutraria elliptica Lamarck, 1801
  • Lutraria elliptica var. latior Philippi, 1844
  • Lutraria lutraria var. panormensis Gregorio, 1885
  • Lutraria solida Philippi, 1851
  • Lutraria vulgaris Fleming, 1828
  • Mya lutraria Linnaeus, 1758 (basionym)

A arola[2] ou mexarela[3] (Lutraria lutraria, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos máctridos (Mactridae), de tamaño relativamente grande. Existe outra especie semellante, a Lutraria magna, que se caracteriza pola marxe dorsal curvada cara a dentro, e cuncha máis robusta e de cor parda sucia. Non adoita superar os 10 cm de lonxitude.

Descrición editar

A cuncha é de perfil elíptico, cuns 13 cm de lonxitude e unha anchura duns 5–6 cm. As valvas non pechan polos extremos, deixando certa separación. A cor habitual é branca ou amarelenta, pero o periostraco é dun castaño escuro. Polo interior é branca coa marca do seo paleal ben visible. Presenta unha liñas de crecemento concéntricas moi finas.

Na valva dereita hai dous dentes cardinais e outro lateral; a esquerda ten dous cardinais e dous laterais.

Os sifóns son notablemente longos e fortes.

Hábitat e bioloxía editar

Vive sobre fondos de area, limo ou grava, ata uns 100 metros de profundidade. Distribúese pola costa leste do Atlántico, desde Noruega ata o sur de África.

Aproveitamento pesqueiro e comercial editar

 
Cuncha da arola (interior á esquerda, exterior á dereita)

A arola é un molusco comestible pero tan pouco apreciada que non se practica a captura desta especie. Cando se pesca, dedícase exclusivamente á conserva.

Rosa Ramonell achega o dato histórico de que os romanos incluían arolas nos seus banquetes.

A arola en Galicia editar

Ríos Panisse recolleu para esta especie a seguinte sinonimia: ameixola da lama, navallón (porque lembra á navalla) e zapatela, ademais de mexarela, mexona, mixela ou mixota, nomes estes debidos ós fortes chorros de auga que expulsa polos sifóns.

Eladio Rodríguez recolle a locución Vaite á arola, fórmula de desentendemento que expulsa a alguén molesto.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.

Outros artigos editar