Arles
Arles ou Arle en occitano, latín: Arelate, é unha cidade costeira e unha municipio, subprefectura do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, na antiga provincia da Provenza, Francia.
Arles (fr) Arle (oc) | |||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
Estado | Francia | ||||||||||||||||||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||||||||||||||||
Rexións | Provenza-Alpes-Costa Azul | ||||||||||||||||||||
Departamento | Bocas de Ródano | ||||||||||||||||||||
Capital de | Reino de Arles (pt) cantón de Arles-Ouest distrito de Arlés canton of Arles-Est (en) canton of Arles (en) (2015–) | ||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||
Poboación | 50.415 (2021) (66,43 hab./km²) | ||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921164 Q3550916 | ||||||||||||||||||||
Superficie | 758,93 km² | ||||||||||||||||||||
Bañado por | Río Ródano e Petit-Rhône (en) | ||||||||||||||||||||
Altitude | 0 m-57 m | ||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||
• Alcalde | Patrick de Carolis (pt) (2020–) | ||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||
Código postal | 13200, 13104, 13123, 13129 e 13280 | ||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||
Irmandado con | York (pt) (1954–) Wisbech (pt) (1964–) Fulda (1964–) Verviers (pt) (1967–) Vercelli (1970–) Pskov (1977–) Xerez da Fronteira (1981–) Sagne (en) (1989–) Kálimnos - Κάλυμνος (2004–) | ||||||||||||||||||||
Páxina web | ville-arles.fr | ||||||||||||||||||||
Unha gran parte da Camarga, a maior zona húmida de Francia, está situada no territorio da comuna, polo que é a comuna máis grande da Francia metropolitana en canto ao territorio xeográfico. (Maripasoula, Güiana Francesa, é moito máis grande que Arlés). A cidade ten unha longa historia, e foi de considerable importancia na provincia romana da Gallia Narbonensis. Os Monumentos romanos e románicos de Arles catalogáronse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1981 polo seu testemuño da historia da rexión.[1]
Moitos artistas viviron e traballaron nesta zona debido á luz austral, incluíndo Pablo Picasso, Paul Gauguin, Jacques Réattu e Peter Brown.[2] O pintor holandés postimpresionista Vincent van Gogh viviu en Arles entre 1888 e 1889, e produciu máis de 300 cadros e debuxos durante a súa etapa alí. Estes atópanse en museos e coleccións privadas coñecidas internacionalmente de todo o mundo. Desde 1970 celébrase anualmente na cidade un festival internacional de fotografía.
Nome editar
O asentamento está testemuñado como Arelate a mediados do século I a.C. (César), A̓reláte (Ἀρελάτε) a principios do século I. AD (Strabo), Arlate civitas en 954 e Arle no século XIII.[3] O topónimo Arelate é unha forma latinizada do galo *Arelati, que significa 'a carón do pantano', ou 'fronte á marisma'.[4]
Localización e características editar
Localizada nas beiras do río Ródano, comunícase co Mediterráneo por unha canle. É a comuna máis extensa de Francia con 759 km², aínda que en 2013 só tiña 52 566 habitantes (50 513 en 1999). É a antiga Arelate, fundada por colonos marselleses, consérvanse ruínas romanas entre as que destacan o anfiteatro e o teatro.
Administración editar
O alcalde de Arles é Hervé Schiavetti, do Partido Comunista Francés, que en 2014 saíu reelixido logo de vencer xa en 2008[5].
Notas editar
- ↑ "Arles, Roman and Romanesque Monuments". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ "Painters in Arles". Studios of the South. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ Nègre 1990, p. 116.
- ↑ Delamarre 2003, p. 197.
- ↑ Resultados das eleccións municipais de 2014 na web de Le Monde.
Véxase tamén editar
Ligazóns editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |