Arenteiro, Barrán, Piñor
lugar da parroquia de Barrán, no concello de Piñor
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arenteiro.
Arenteiro é un lugar da parroquia de Barrán, no concello ourensán de Piñor, na comarca do Carballiño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 49 habitantes (22 homes e 27 mulleres).
Arenteiro | |
---|---|
![]() ![]() | |
Parroquia | Barrán |
Concello | Piñor |
Coordenadas | 42°30′37″N 8°00′28″O / 42.510277777778, -8.0078888888889 |
Poboación | 49 hab. (2023) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarSegundo Manuel Mosquera, o topónimo derivaría de Ascendentarius, co significado de "lugar ascendente, lugar da subida", indicando que a dirección do camiño está sendo vista dende o Miño, dende a Lusitania, cara ao testeiro e non ao revés, porque entón correspondería a "derenteiro" do verbo descendo[3]. Non obstante, Edelmiro Bascuas sinala que o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium[4], facendo referencia á prata atopada no río Arenteiro, que daría nome á aldea.
Lugares e parroquias
editarLugares de Barrán
editarLugares da parroquia de Barrán no concello de Piñor na Provincia de Ourense | |
---|---|
Albarona | Arenteiriño | Arenteiro | Barrán | Fontelo | Piñor | Senderiz | Senra |
Parroquias de Piñor
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Barrán, Piñor". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Mosquera, Manuel (2017). Deza Augusta. Edicións Fervenza. p. 32.
- ↑ Bascuas, E. (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Verba. Anuario galego de filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela. p. 29.